García cualifica de mafiosas e neonazis as prácticas do PP denunciadas no concello de Baltar

García cualifica de mafiosas e neonazis as prácticas do PP denunciadas no concello de Baltar

García cualifica de mafiosas e neonazis as prácticas do PP denunciadas no concello de Baltar

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, cualificou de “mafiosas”, propias “da camorra napolitana” e “neonazis” as prácticas do PP denunciadas polos socialistas no concello de Baltar, polas que pediu a Feijóo que aclare “se as respalda ou se desmarca delas e esixe responsabilidades a José Luis Baltar e ao alcalde de Baltar, José Antonio Feijóo Alonso”.

García considera que o denunciado tanto en Baltar como en Carballeda de Valdeorras non é contemporáneo destos tempos, e que nesta provincia que ven sendo noticia polo caciquismo e o enchufismo nestes días se pasou unha liña “demasiado contundente con actuacións mafiosas, de persecución persoal, de exterminio do enemigo”, e foi ademais en sitios onde o PP goberna con maioría absoluta “e nin sequera así permite que haxa unha lista alternativa”.

O secretario de Organización dos socialistas galegos sinalou que o caso de Baltar é o máis grave e o máis significativo, aínda que tamén hai ameazas e coaccións denunciadas en Carballeda de Valdeorras.

García explicou que en Baltar a cabeza de lista é ameazada directamente polo alcalde, igual que a número 2 da lista e incluso a dona da farmacia na que traballa; “ameazas e coaccións aderezadas con cahamadas a altas horas, danos a vehículos, persecucións en coche e marcaxe persoal durante todo o día”, “ao máis estilo camorra napolitana extemporáneo e fóra de lugar”.

Indicou que se trata de delictos tan graves como ameazas, coaccións, tráfico de influencias, ou malversación de fondos públicos, que foron denunciados ante a Xunta Electoral de Zona, a Garda Civil, o Xulgado de Xinzo e a Fiscalía.

Sobre o acontecido en Baltar, Feijóo ten que aclarar “se respalda estas actuacións, ou dá unha explicación, se desmarca delas e esixe responsabilidades a José Luís Baltar e a dirección provincial e ao alcalde José Antonio Feijóo Alonso”, porque “tiros non houbo, pero é a única diferencia entre as prácticas denunciadas e as prácticas neonazis”.

Ademais García apuntou que Feijóo, “que hoxe que vai estar en Porqueira avalando o transfuguismo”, é “o exponente máximo do enchufismo e o caciquismo, e avalando estas prácticas o Sr. Feijóo non pode seguir estando legitimado para ser Presidente deste país”.

Engadiu que “Feijóo, que prometera acabar co enchufismo e o ciquismo nun só día, dous anos despois está máis baltarizado do que entrou, foi Baltar quen convenceu a Feijóo, e non Feijóo a Baltar.

O secretario Xeral provincial, Raúl Fernández afirmou que o acontecido na provincia de Ourense nas últimas semanas con respecto á confección das listas electorais do Partido Socialista é absolutamente intolerable nunha democracia, e advertiu ao Partido Popular que non o imos consentir e que imos chegar xudicialmente onde faga falta”.

“As presións, ameazas e persecucións ás que foron sometidos algún dos nosos candidatos, os seus familiares e incluso as persoas que lles dan traballo, son propias da mafia, e como tal haberá que facerlles frente coa Xustiza por diante”, dixo.

Fernández sinalou que “non é a primeira vez que teñen lugar episodios deste tipo, pero si é a primeira en que persoas independentes do partido están dispostas a dar o seu testimonio ante un xuiz”.

O secretario Xeral provincial considera que “a cidadanía ten que saber como actúa o Partido Popular nos nosos pobos, nas nosas vilas”, “que non respectan a quen non pensa como eles, e pretenden eliminar calquer tipo de oposición, actitude que non só debería estar erradicada nunha democracia, senón que ademais nestos casos dos que lles falamos se trata de feitos delictivos, polo que serán levados ante os tribunais”.

“O máis grave é que se trata de casos que contan coa connivencia de Feijóo, de Rueda e de Baltar”, engadiu, “non é unha casualidade nin unha equivocación, trátase de toda unha forma de ver a vida política que nós rexeitamos rotundamente e contra a que loitaremos coa xustiza na man”.

A secretaria de Organización provincial, María Quintas insistiu en que estas actuacións son constitutivas de delicto, e que hoxe Feijóo ven á comarca da Limia a avalar como membros do PP persiguen a persoas que deciden ter unha idea, “o que nos recorda a outros tempos, e non son precisamente do século XVIII, senón outros tempos bastante terribles onde alguén pensa que o poder é suficiente para acabar coas ideas, e non o vamos consentir baixo ningún concepto”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar