García critica a “fuxida” de hoxe de Feijóo: anulou un xantar en Lugo e evitou comparecer cos presidentes de Pastor e Popular

García critica a “fuxida” de hoxe de Feijóo: anulou un xantar en Lugo e evitou comparecer cos presidentes de Pastor e Popular

García critica a “fuxida” de hoxe de Feijóo: anulou un xantar en Lugo e evitou comparecer cos presidentes de Pastor e Popular

 

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, criticou a “fuxida” de Feijóo no día de hoxe, “a fin de evitar responder a preguntas incómodas e dar explicacións sobre a súa relación co empresario Jorge Dorribo e a reunión que mantivo con el dous meses antes de que o Goberno galego concedese a Nupel axudas por importe de catro millóns de euros”. Isto levou a Feijóo non só a eludir responder a Pachi Vázquez na sesión de control, senón a anular un xantar  convocado en Lugo e a evitar comparecer ante os medios cos presidentes de Banco Pastor e Banco Popular tras a xuntanza mantida esta mañá no Parlamento.

García lembrou que “Feijóo non quixo responder ás preguntas claras, concretas e precisas que lle formulou o secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, na sesión de control”.

Na súa intervención, Vázquez pedía a Feijóo que confirmase se mantivo unha reunión co empresario (imputado por fraude na Operación Campeón), cando foi dita xuntanza e de qué tratou. Vázquez denunciou que Feijóo mantivo un encontro co empresario no mes de outubro de 2010, a instancias do deputado do PP Pablo Cobián (que dimitiu tras as acusacións de Dorribo), e no mes de decembro o Goberno galego concedeu a Nupel 2.900.000 euros de préstamo, e  900.000 euros mais no primeiro trimestre de 2011.  A raíz destas subvencións foron imputados dous altos cargos do Goberno galego, concretamente o director e subdirector do Igape.

“Ademais de non contestar na sesión de control, Feijóo evitou dar explicacións ao longo do día fuxindo dos medios de comunicación, anulando por sorpresa e de forma urxente unha visita a Lugo, onde tiña previsto xantar nas casetas do San Froilán”, sinalou García.

Apuntou que Feijóo, tras reunirse cos responsables de Banco Pastor e Banco Popular esta mañá no Parlamento “obrigou a ambos a facer declaracións fóra do edificio do Parlamento galego para evitar así comparecer ante os medios e impedir que os xornalistas puideran preguntarlle pola súa reunión con Dorribo”.

Por todo elo, García recomendoulle a Feijóo “que dea a cara e explique o contido desa reunión que mantivo co empresario e a súa relación coas posteriores subvencións concedidas pola Xunta á empresa Nupel e coa imputación de dous altos cargos do Goberno galego precisamente pola concesión irregular de ditas axudas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar