García considera que a defensa do reparto da PAC inhabilita a Quintana para seguir de conselleira de Medio Rural

García considera que a defensa do reparto da PAC inhabilita a Quintana para seguir de conselleira de Medio Rural

García considera que a defensa do reparto da PAC inhabilita a Quintana para seguir de conselleira de Medio Rural

Para o portavoz de Medio Rural, Pablo García, é “inaudito e inadmisible” que a conselleira defendera o reparto territorial proposto por Cañete, perdendo a primeira ocasión de cambiar os criterios en beneficio das explotacións galegas

Afirma que Feijóo pactou con Cañete este resultado, “o que non sabemos é a cambio de que”

Para os socialistas Quintana hipotecou sete anos a competitividade das explotacións galegas por defender ao seu ministro, perdendo a confianza dos agricultores e gandeiros galegos

O portavoz socialista de Agricultura, Pablo García, acusou á conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, de estar inhabilitada para seguir como titular de Medio Rural.

Quintana comparecía a petición dos socialistas no Pleno da Cámara para dar conta do acordo da Conferencia Sectorial de Agricultura sobre o modelo de aplicación da nova Política Agraria Comunitaria (PAC) en España, así como a oposición na que a Xunta de Galicia vai abordar esta negociación.

O socialista recriminou á conselleira que fóra a única representante que acudira á sectorial sen o respaldo dunha posición común do seu Parlamento. “vostede nunca explicitou sequera cal era a súa posición, foi ver o que dicía Cañete e, en función diso defendelo”.

García censurou á conselleira de Medio Rural que se perdera a oportunidade que daba a UE de modificar o reparto das axudas da PAC, que nos prexudicaba. “O ministro falou de que ningún territorio perdese fondos, e a el se uniron os responsables autonómicos perceptores que xa gañaban con este modelo, o incomprensible é que vostede ten optado por manter o status quo, virxiña que me quede como estou”, censuroulle o deputado socialista á titular de Medio Rural.

Para Pablo García “é impresentable e inadmisible”, porque Galicia non é das comunidades máis perceptoras nin en situación de vantaxe. “O que a inhabilita como conselleira non é polo resultado, porque entenderíamos o fracaso na negociación, o inaudito é que vostede defendeu esa postura do Goberno”. Reprochou ao Goberno que ese reparto, que os populares dicían que era inxusto, “o perpetuou agora vostede sete anos máis”.

O responsable de Medio Rural do Grupo Socialista só ve xustificable a acción da conselleira “no caso de querer ser ministra”.

“Feijóo pactou isto”, afirmou Pablo García. O portavoz de Medio Rural socialista dixo a Quintana que o debate a “superaba” porque o titular do executivo “pactou que Galicia saíra perdendo nesta negociación da PAC, espero que nalgunha negociación sairemos gañando, o que queremos é que nos explique cal é o motivo escuro ou a terceira vertente pola que vostede defendeu este resultado”.

Considera o portavoz socialista que a conselleira “equivocouse desde o principio, porque o debate non podía ser de territorios”, como enfocara Cañete a conferencia sectorial, senón “un debate de modelos de produción e agricultores e gandeiros, de que tipo de explotacións queremos favorecer e cales non”. Porque, advirte García, “máis pronto que tarde os cidadáns europeos preguntaranse si cos seus impostos queremos subvencionar á duquesa de Alba, a Mario Conde ou a certas empresas” por iso propuxo a necesidade de “adecuar a subvención á produción”.

Salientou a importancia destas axudas para a soster a competitividade do sector. As axudas da PAC son para compensar caídas de prezos e, apuntou, “se en outro país van ter unha compensación por caída de prezos e o gandeiro galego non a ten, estamos hipotencando o seu futuro”. García acusou á conselleira de Medio Rural de perder “ a competitividade das explotacións galegas para os vindeiros sete anos”.

O reparto de axudas da PAC 2015-2020 consolida a consideración de agricultor activo “a todo aquel que produce, por exemplo 2000 euros, pode recibir ata 8000 de acudas”, ou dispón que para recibir as axudas só sexa necesario manter unha ovella con un año por cada hectárea”.

As medidas de intervención teñen unha caída do 40%, nos pagos directos temos, para todo o Estado 566 millóns de euros menos ao ano, o pago único ten unha rebaixa do 8,64%, cunha rebaixa que ten que ser linealmente. No segundo piar, o ministerio vai reducir o investimento nun 30%.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar