García considera "lamentable" que Feijóo lle poña a "alfombriña a Rajoy" para incumprir compromisos como o do AVE

García considera "lamentable" que Feijóo lle poña a "alfombriña a Rajoy" para incumprir compromisos como o do AVE

García considera "lamentable" que Feijóo lle poña a "alfombriña a Rajoy" para incumprir compromisos como o do AVE

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, considerou “lamentable” que Feijóo “lle poña alfombrilla a Rajoy” para que rompa todos os compromisos que o Goberno central tiña adquiridos con Galicia, entre eles a chegada do AVE.

“Que Rajoy diga que non sabe que vai pasar co AVE a Galicia non sorprende, porque xa dixo na campaña que non o tiña nada claro, pero que iso conte coa connivencia e coa alfombrilla de Feijóo é inaudito”, asegurou.

O secretario de Organización do PSdeG aludía así ás últimas declaracións realizadas por Feijóo, que “pasou de asinar o Pacto do Obradoiro e reivindicar constantemente o seu cumprimento a dicir que xa veremos se chega”. Isto demostra que “Feijóo actúa xa de manzanillo de Rajoy, en contra dos intereses dos galegos e galegas”, dixo.

“Feijóo actuou ao servizo de Rajoy no desgaste ao Goberno central para abrirlle o camiño á presidencia do Goberno, e agora que Rajoy gañou as eleccións, estase a converter xa no seu cómplice para traizoar os intereses dos galegos e galegas”, sentenciou.

García fixo estas declaracións na rolda de prensa posterior á xuntanza da Permanente do PSdeG, na que tamén se abordaron outras cuestións como a preocupación ante a “clarísima apertura ao copago dos medicamentos” por parte do Goberno de Feijóo. García anunciou que o PSdeG adoptará medidas e pedirá explicacións en vía parlamentaria “para que o Goberno galego aclare si é certo ou non que pretende establecer o copago no acceso aos fármacos”.

Adianto electoral
A permanente do PSdeG tamén analizou a posibilidade do adianto das eleccións autonómicas, que avanzou o secretario xeral do PP, Alfonso Rueda. “Un adianto electoral cun goberno con maioría absoluta se converte inmediatamente en fraude electoral”, sentenciou García.

Considerou así que o adianto electoral suporía “un recoñecemento da incompetencia do Goberno de Feijóo”, e tería “unha única razón electoral e partidista, que é esconder o fracaso da xestión do Goberno do PP en Galicia detrás da vitoria de Rajoy”.

“Isto proba a nula confianza do PP na xestión de Feijóo como goberno: cero xestión, cero confianza”, sinalou García, para engadir que “Feijóo esgotou o seu crédito como xestor, pero non nos pode intentar convencer de que esgotou a lexislatura”.

“O seu goberno é un rotundo fracaso, pero o que debe facer é cambiar o goberno e os conselleiros que considere oportuno, pero non facer trampas cunhas eleccións que neste momento non tocan”, proclamou.

Calendario
Noutro orde de cousas, a Permanente da Executiva do PSdeG abordou o calendario marcado en torno ao Congreso Federal do PSOE que terá lugar os vindeiros 3, 4 e 5 de febreiro en Sevilla. Así, avanzou que entre o 9 e o 15 de xaneiro desenvolveranse as asembleas das agrupacións locais para elixir aos delegados e delegadas para este Congreso Federal.

Isto suporá que “todos os afiliados poderán participar activamente, tanto na elección dos delegados como nas propostas e emendas que logo se trasladarán aos congresos extraordinarios provinciais e posteriormente ao Federal”, explicou.

No que respecta ao calendario para o proceso congresual galego, García adiantou que no Comité Nacional do PSdeG, que terá lugar o 17 de decembro, se aprobará a data para o Congreso Galego, que “en todo caso se realizará despois do Federal e respectando os prazos que marcan os estatutos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar