García condena o ataque á sede de Negreira e rexeita o tento dos radicais de entorpecer a campaña

García condena o ataque á sede de Negreira e rexeita o tento dos radicais de entorpecer a campaña

García condena o ataque á sede de Negreira e rexeita o tento dos radicais de entorpecer a campaña

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, expresou hoxe o “mais absoluto rexeitamento dos socialistas galegos ás accións violentas como a que sufriu esta noite a sede do PSdeG en Negreira”, tras a explosión dun artefacto.

García condenou este ataque en nome do PSdeG e o intento dos radicais de utilizar a violencia para entorpecer a campaña electoral. Sinalou que en Galicia “non hai espazo nin para a violencia nin para os violentos” e criticou estas accións “de grupos marxinais que non representan o que quere esta sociedade, que é respecto e democracia”.

Expresou ademais o seu apoio e solidariedade aos socialistas galegos de Negreira e aos cidadáns deste municipio, e pediu aos corpos de seguridade e á cidadanía “máxima colaboración para erradicar canto antes este tipo de ataques”.

Lamentou que existindo canles democráticas para expresar ideas e opinións “algúns opten pola violencia para atacar aos que non comparten a súa ideoloxía” e advertiu que “ese non é o camiño e non nos atemorizan”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar