García anuncia unha campaña "fondamente honesta" con máis de 3.000 actos en Galicia

García anuncia unha campaña "fondamente honesta" con máis de 3.000 actos en Galicia

García anuncia unha campaña "fondamente honesta" con máis de 3.000 actos en Galicia

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, anunciou que o PSdeG desenvolverá unha campaña “fondamente honesta” de cara ás vindeiras eleccións municipais, con máis de 3.000 actos nas catro provincias galegas, fronte á campaña “fraudulenta do PP”.

Unha campaña que segundo apuntou García vai a estar marcada por unha "mobilización sen precedentes” por parte do PSdeG, e cun notable respaldo por parte da Dirección Federal do PSOE e do Goberno.

Así, adiantou que “deses máis de 3000 actos xa planificados repartiranse nunha media de polo menos; 3 actos diarios nas sete grandes cidades de Galicia, cun total de 315; dous actos diarios nas poboacións comprendidas entre 10.000 e 50.000 habitantes, cun total de 1.440; e 5 actos durante os 15 días nas poboacións de menos de 10.000 habitantes, cun total de 1.300”.

Destacou que “o secretario Xeral dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, vai a estar presente nesta campaña nun total de 50 actos”, que se suman aos máis de 70 nos que ten participado na precampaña.

Pablo García anunciou a visita a Galicia de varios membros do Comité Federal do PSOE. Así o día 19 de maio o secretario Xeral do PSOE e presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, estará na cidade da Coruña.

Tamén o vicepresidente 3º do Goberno e presidente do PSOE, Manuel Chaves, estará presente en dous actos; o día 13 en Pontevedra e o día 14 en Cervo. Pola súa parte, o vicesecretario Xeral do PSOE e ministro de Fomento, José Blanco, estará en 7 actos. Así mesmo, García adiantou que o ministro do Interior e vicepresidente do Goberno, Alfredo Pérez Rubalcaba, participará en dous actos; o día 12 en Ourense e o día 17 en Vigo.

Pola súa banda, apuntou tamén que o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, participará nun total de 11 actos; 6 na provincia da Coruña, 1 na provincia de Ourense e 4 na de Pontevedra. Destacou ademais que a ministra de Defensa, Carmen Chacón, participará nun acto na Coruña o día 9.

García avanzou que as cidades de inicio e peche de campaña serán Ourense e Lugo, e sinalou que a estes actos pode engadirse algunha nova incorporación ao longo dos vindeiros días.

Unha campaña honesta

O responsable socialista subliñou que “a campaña que vai levar a cabo o PSdeG é unha campaña fondamente honesta, na que os nosos candidatos van falar dos problemas que lle afectan e lle preocupan aos cidadáns”.

Contrapuxo isto coa campaña do PP, que cualificou de “fraudulenta, na que os seus candidatos non van falar de nada do que lle preocupa aos cidadáns galegos, senón que van facer unha campaña ao servizo de Rajoy e de Génova”.

Galicia en primeira persoa

O secretario de Organización adiantou que “as redes sociais van ser unha ferramenta importante na campaña, apostando polas novas tecnoloxías e as ferramentas de comunicación social”, e anunciou a posta en marcha dunha nova web chamada Galicia en primeira persoa. www.enprimeirapersoa.tv

García lembrou que “a idea nace a Convención Municipal de novembro de 2010, onde os socialistas fixemos unha forte aposta pola política de proximidade”. “Este foi o punto de partida: A Galicia das persoas”, aseverou.

Neste senso, explicou que “Galicia en primeira persoa xorde da idea de achegar dun xeito directo e espontáneo o traballo, as ideas e os proxectos das persoas que forman parte de proxecto político de PSdeG a través de vídeos”

Deste xeito resaltou que “son vídeos próximos gravados a pé de rúa, sen guións nin mensaxes prefabricadas, dos cales 16 xa están colgados a día de hoxe, e o longo dos vindeiros días iranse subindo as restantes”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar