García afirma que o plan de emprego de Feijóo é "unha cortina de fume" que recolle ordes xa existentes e con menor orzamento

García afirma que o plan de emprego de Feijóo é "unha cortina de fume" que recolle ordes xa existentes e con menor orzamento

García afirma que o plan de emprego de Feijóo é "unha cortina de fume" que recolle ordes xa existentes e con menor orzamento

p>O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, acusou hoxe a Feijóo de “enganar aos cidadáns” cun plan de emprego que “non é máis que unha cortina de fume” xa que “recolle ordes xa existentes e por enriba diminuíndo o seu orzamento”.

García lamentou así que no mesmo día no que se producía en Galicia “unha mobilización histórica” na que “milleiros de persoas saíron a rúa a dicirlle a Rajoy que non están dacordo coa súa reforma laboral nin cos recortes de Feijóo”, o presidente da Xunta reacciona “anunciando unha cortina de fume”.

Considerou que Feijóo “debería tomar nota da mobilización da folga xeral” e “poñer enriba da mesa medidas reais de reactivación económica para saír da crise”. “Os problemas de Galicia non se solucionan saíndo nunha rolda de prensa vendendo unha realidade que non existe”, afirmou.

Criticou así que Feijóo actúe unha vez máis como “un prestidixitador” ao anunciar o mesmo día da folga xeral o Plan 500 “que é unha absoluta falta de respecto aos traballadores e traballadoras, e sobre todo aos desempregados e desempregadas aos que leva enganando tres anos”.

García lamentou por elo que Feijóo “lonxe de cambiar o rumbo e poñer medidas sobre a mesa, o que fixo foi recopilar programas e ordes que xa existían en Galicia, agrupalas e darlles unha nova denominación, para vender un plan para fomentar o emprego que non é real”.

Catro ordes xa existentes
Apuntou que o Plan 500 “son catro ordes que xa viñan funcionando e que non inventou o señor Feijóo” centradas no desenvolvemento de actividades dirixidas á información, orientación e busca de emprego; programas integrados; programas mixtos de formación e prácticas laborais e aos axentes de emprego.

Explicou así que a orde dirixida a información, orientación e busca de emprego foi publicada xa o 11 de xaneiro, cun orzamento global de 5.300.000 euros. Engadiu que no seu conxunto se financia con fondos finalistas do Estado, e destacou que en 2011 Galicia percibiu 7.700.000 euros do Estado para este programa, que ademais xa está pechado.

Respecto aos programas integrados, sinalou que a Xunta prevé un orzamento de 2.200.000 euros para concellos, mentres que en 2011 viñeron a Galicia dende o Estado 3.200.000 millóns para este programa.

Lembrou que os programas mixtos, que conxugan formación e prácticas laborais, contarán cun investimento de 18 millóns de euros, segundo anunciou Feijóo, mentres que en realidade “son programas de obradoiros de emprego, casas de oficios e escolas obradoiro que se puxeron en marcha en 1985”.

Apuntou ademais que nos orzamentos de 2012 figuran 20.020.000 euros; nos de 2011 figuraban 15.000.000 e nos de 2009 a contía orzamentada era de 38.000.000 euros.

Engadiu sobre a orde de axentes de emprego e desenvolvemento local, o financiamento previsto é de máis de 4.300.000 euros, mentres que en 2009 destinábanse 16.500.000 euros dos que 10.200.000 eran fondos propios da Xunta e 6.600.000 transferencias finalistas do Estado. Nos orzamentos de 2012 elimináronse todos os fondos propios e destináronse 10.200.000 euros dos finalistas.

Nin unha medida nova, nin incremento orzamentario
Lamentou ademais que Feijóo engane unha vez máis aos cidadáns “xa que os 30 millóns de orzamento dos que fala non son de novo investimento, senón que son os 30 millóns que recortou nestes catro programas en relación ao 2009”.

“En definitiva, a Xunta non ten previsto poñer nin un só euro para este programa”, sentenciou, á vez que lamentou que “a única solución de Feijóo para paliar o problema do desemprego é presentar un plan sen unha soa medida nova, e sen ningún incremento orzamentario”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar