García acusa ao presidente da CEG de apuntarse á demagoxia fácil en lugar de atender aos problemas dos empresarios

García acusa ao presidente da CEG de apuntarse á demagoxia fácil en lugar de atender aos problemas dos empresarios

García acusa ao presidente da CEG de apuntarse á demagoxia fácil en lugar de atender aos problemas dos empresarios

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, acusou hoxe ao presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla, de “apuntarse á demagoxia fácil” e “dedicarse a facer política” en lugar de centrar os seus esforzos en axudar a resolver os problemas dos empresarios galegos.

Así, acusou a Fontenla de “desatender os problemas dos empresarios deste país e consentir o desmantelamento dos sectores productivos ao que nos están abocando as políticas do Goberno de Feijóo”, mentres “prefire apuntarse á demagoxia fácil, poñendo en cuestión cousas como a necesidade de 75 deputados no Parlamento”.

Criticou así a “frivolidade” do presidente da CEG á hora de propoñer a supresión de determinados servizos públicos “mentres desatende o que debe ser a súa prioridade, que é axudar aos empresarios que atravesan momentos de dificultade”.

Lamentou ademais que Fontenla “se dedique a facer política dende o seu privilexiado sillón da CEG, mentres o Goberno de Feijóo permite o desmantelamento dos sectores produtivos de Galicia, non paga facturas, retrasa certificacións de obra e reduce a licitación de obra pública”.

“Dada a súa actitude non seria de estrañar que os empresarios coclúan que quen sobra en realidade é el”, sinalou García.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar