García acusa a Feijóo e Rueda de "estafar aos cidadáns" ao comprometer austeridade nos gobernos locais do PP

García acusa a Feijóo e Rueda de "estafar aos cidadáns" ao comprometer austeridade nos gobernos locais do PP

García acusa a Feijóo e Rueda de "estafar aos cidadáns" ao comprometer austeridade nos gobernos locais do PP

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, acusou a Feijóo e Rueda de “estafar aos cidadáns” ao comprometer austeridade e contención de gasto nos gobernos locais do PP, cando moitos dos concellos gobernados polo PP incrementaron os soldos de alcaldes e alcaldesas ou ben aumentaron as dedicacións exclusivas con respecto á anterior lexislatura.

García lembrou que Feijóo e Rueda comprometéronse a levar a cabo un código de responsabilidade económica, con plans de austeridade nas corporacións locais e prometendo contención do gasto nos concellos gobernados polo PP.

“Despois de enarbolar a bandeira da austeridade, estamos a ver un espectáculo bochornoso, ao comprobar que todo o que se dixo en campaña cambiou nada máis chegar ao goberno”, criticou García, quen denunciou a “burla aos cidadáns” que supón o feito de que en máis de 50 concellos os gobernos do PP sairán máis caros que na anterior lexislatura.

García citou casos como o de Mos, onde a alcaldesa incrementou o seu soldo nun 33,5 por cento, pasando dos 36.000 euros brutos anuais aos 48.627; ou a alcaldesa de Moraña que conta cunha dedicación exclusiva de 33.000 euros brutos anuais cando o anterior alcalde só cobraba dietas; mentres no Porriño o Goberno local incrementou ata nove o número de dedicacións, cun aumento do 130 por cento do gasto con respecto ao anterior executivo local.

Subliñou outros casos como o da Coruña, onde Carlos Negreira “tivo que botarse atrás a regañadentes ante a presión política social, despois de tentar poñerse un soldo de 70.000 euros brutos ao ano, e pasou a reducilo nun 8 por cento, aínda lonxe do seu compromiso de reducir este gasto nun 15 por cento”.

Destacou tamén o incremento de gasto en Arteixo, onde o goberno local gastará 59.000 euros máis ao ano en soldos para dedicacións e persoal de confianza; Pontedeume onde o alcalde incrementou o seu salario nun 25 por cento; ou Ponteceso, cun aumento do 15 por cento do soldo do rexedor. Citou ademais outros casos como o de Santiago, onde o alcalde “ideou un novo modelo consistente en poñer o salario en funcións duns obxectivos que el mesmo determinou”.

García fixo fincapé nos casos da provincia de Lugo, onde “vinte concellos gobernados polo PP serán máis caros para os cidadáns” xa que seis alcaldes incrementan o seu soldo con respecto ao goberno anterior; oito aumentan as dedicacións, e seis incrementan tanto o soldo do alcalde como as dedicacións.

Na provincia de Ourense danse casos como o de Celanova, concello de 6.000 habitantes onde o alcalde gañará máis de 63.000 euros ao ano; ou San Cibrao onde o alcalde percibirá 33.600 euros ao ano por unha dedicación de 20 horas á semana, o que supón 34 euros máis por cada hora do que cobraba a anterior alcaldesa. Lembrou ademais o caso do Carballiño, onde o alcalde do PP tentou subirse o soldo e tivo que botarse atrás ante a presión política e social.

Feijóo engana e defrauda aos cidadáns
Estes, que son só algúns dos casos que se dan nas catro provincias, deixan claro que o PP “incumpriu a súa palabra, que foi comprometida tanto por Feijóo e Rueda como polos candidatos e candidatas á alcaldía”, dixo García.

Por elo, o responsable socialista esixiu a Feijóo “que desautorice dun xeito claro estas actuacións ou pida escusas por elas, xa que foi el quen asumiu un compromiso cos galegos e galegas que non está a cumprir”.

“Feijóo está a enganar e defraudar aos cidadáns”, sinalou García, “ao afirmar unha cousa en campaña e facer logo a contraria, como nos ten acostumados”. Sinalou que os socialistas galegos xa están a esixir responsabilidades aos alcaldes e alcaldesas do PP en cada un dos concellos nos que se están a producir estas situacións, pero lembrou que tanto Feijóo como Rueda “deben explicar aos cidadáns por que despois de empregar a austeridade como filosofía na campaña electoral, incumpren os seus compromisos nada máis chegar ao goberno”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar