García acusa a Feijóo de complicidade cos implicados na Operación Orquesta

García acusa a Feijóo de complicidade cos implicados na Operación Orquesta

García acusa a Feijóo de complicidade cos implicados na Operación Orquesta


O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, esixiu a Feijóo unha explicación sobre as implicacións do PP na Operación Orquesta, unha vez quedou probado que leu o sumario –polas alusións que fixo onte na sesión de control do Parlamento- e que os únicos implicados son alcaldes, deputados e concelleiros do seu partido. Lembrou que o sumario da Operación Orquesta tamén salpica a tres consellerías do Goberno galego –Traballo, Cultura e Medio Ambiente e Ordenación do Territorio-.

García acusou a Feijóo de complicidade cos implicados do seu partido, por non tomar medidas contra eles, xa que “Feijóo, como presidente do PP e do Goberno galego, non pode desentenderse e mirar para outro lado”.

O dirixente socialista apuntou que a gravidade desta operación ven dada porque, empezando como unha investigación sobre o narcotráfico, descubriu posibles delictos de tráfico de influencias, soborno, prevaricación e falsificación documental, que afectan directamente a alcaldes, concelleiros e deputados provinciais do PP.

García sinalou que, a pesar dos tentos de Feijóo de desviar a atención, os únicos implicados na Operación Orquesta segundo recolle o sumario, son do seu partido. Por elo, esixiu a Feijóo “que pida responsabilidades aos seus conselleiros, alcaldes, concelleiros, deputados provinciais, e que dea unha explicación aos galegos e galegas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar