Garantías imprescindibles contra "toda esta podredumbre" da corrupción política

Garantías imprescindibles contra "toda esta podredumbre" da corrupción política

Garantías imprescindibles contra “toda esta podredumbre” da corrupción política

O responsable de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, reclamou hoxe “sistemas eficaces de protección dos denunciantes” de “toda esta podredumbre” de prácticas corruptas. Así o dixo no debate das recomendacións ao Plan de traballo do Consello de Contas para o ano 2017, debatido hoxe en Comisión Parlamentaria.

Os socialistas presentaron un total de 14 propostas, catro delas directamente vencelladas coas novas competencias do ente fiscalizador para a prevención de prácticas corruptas na administración autonómica. As propostas incluían a constitución dunha “oficina específica” que garanta a confidencialidade e protección de calquera denunciante, que foi rexeitada polo PP.

O obxectivo é garantir que os responsables políticos, funcionarios, responsables de empresas e asociacións e persoal ao servizo de empresas ou asociacións poidan poñer en coñecemento da entidade e de forma inmediata “calquera actuación que puidese implicar un posible caso de fraude ou corrupción”.

A Comisión si que aprobou sen embargo a recomendación socialista para a posta en marcha “das necesarias medidas de cooperación co Fiscalía Superior de Galicia que permitan unha persecución integral das prácticas corruptas no ámbito público autonómico”.

Tamén foi aprobada a proposta para demandar un informe de avaliación sobre o control interno dos sistemas de prevención da corrupción na Xunta de Galicia e entidades dependentes. A Comisión tamén aprobou solicitar do ente un “informe de avaliación sobre o control interno dos sistemas de prevención da corrupción nas entidades locais e demais institucións dependentes dela”.

O PP rexeitou sen embargo as propostas socialistas dirixidas a fiscalizar os contratos de publicidade e comunicación da Xunta, auditar Amtega, Again e a Axencia Galega de Turismo, así como os convenios e entidades locais para verificar a súa obxectividade.

Díaz Villoslada solicitou un informe do custe de centros hospitalarios concertados e unha análise comparativa do custe e o servizo presentado entre estes centros e os de natureza pública. En concreto, propuxo a fiscalización do proceso de concesión do hospital público – Privado Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Estas propostas socialistas foron rexeitadas polo PP, que si aceptou sen embargo instar ao ente a fiscalización dos procedementos de contratación administrativa da Xunta, dos entes dependentes e das entidades locais “tendo en conta os criterios, recomendacións e informes da CNMC e do Consello Galego da Competencia”.

Estas van na dirección de estudar a incidencia da contratación pública nos mercados de bens e servizos, con especial atención ás posibles trabas que as Pemes poidan encontrar para participar nas licitación públicas”. Tamén foi aprobada a proposta para presentar os plans anuais de traballo no mes de outubro anterior, para que se poidan incluír as recomendacións coa suficiente antelación.

Reprobación

Pola súa banda, a portavoz de Economía e Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, propuxo a “reprobación” da Xunta pola “falla no labor de colaboración da Xunta de Galicia co consello de Contas” por “non enviar as contas en prazo. A responsable socialista interveu no debate das propostas de resolución respecto dos informes de fiscalización do ano 2014.

Os socialistas galegos presentaron un total de 14 propostas de Resolución para frear as “trampas contables” do goberno galego, 11 delas rexeitadas todas elas polo PP e serán debatidas a continuación no Pleno do Parlamento de Galicia.

Rodríguez Rumbo esixiu “unha correcta imputación contable” e que o goberno galego cumpra coas recomendacións do ente fiscalizador para frear o desprazamento de gasto a exercicios contables posteriores, unha práctica habitual dende a chegada de Feijóo ao goberno galego que “desvirtúa o exercicio real” do orzamento autonómico.

A responsable socialista reivindicou tamén evitar utilizar o programa de imprevistos como “programa – ponte para realizar transferencias de crédito”. Esixiu ademais a regulamentación normativa dos supostos de aplicación e a dotación anual do Fondo de Continxencia, para frear o seu uso como instrumento de distribución discrecional de fondos públicos.

A Comisión si que aprobou sen embargo tres das 14 propostas de Resolución presentadas hoxe polos socialistas galegos, dirixidas a incorporar os Fondos Europeos do marco 2014-2020 no Portal de Transparencia da Xunta, a implantar a contabilidade financeira no sistema contable autonómico e a establecer nas axencias públicas os necesarios indicadores de xestión.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar