Garantías de pago de leite en tempo e forma

Garantías de pago de leite en tempo e forma

Garantías de pago de leite en tempo e forma

O portavoz de Gandaría do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, reclamoulle hoxe ao goberno galego que estableza garantías para o pago do leite “en tempo e forma” aos gandeiros galegos. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei sobre a inseguridade que provoca no mercado do leite esta falla de garantías.

O responsable socialista fixo un chamado a evitar o deterioro da cadea de valor do leite galego, que afecta aos produtores primarios e deriva no abandono de explotacións e do campo galego pola escasa rendibilidade.

Sinalou á existencia de operadores intermediarios entre os gandeiros e as industrias transformadoras de lácteos sen garantías para os produtores, e que deixan os pagamentos en suspenso, nunha situación que de acordo coas organizacións agrarias afecta a arredor de 200 granxas.

Esta situación, engade, “afecta a primeiros compradores, industrias, cooperativas e gandeiros polas escasas medidas que existen para comercializar un produto con garantías para todos os implicados neste proceso”, xerando flutuacións nos prezos “cada vez máis á baixa”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar