Gallego reclama ao Goberno galego que explique no Parlamento a localización da Sogama do sur

Gallego reclama ao Goberno galego que explique no Parlamento a localización da Sogama do sur

Gallego reclama ao Goberno galego que explique no Parlamento a localización da Sogama do sur

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Carmen Gallego, reclamoulle hoxe á Xunta que explique no Parlamento “a localización definitiva da Sogama do Sur e os criterios para definir esta”. Gallego presentou unha pregunta oral diante da “manifesta incoherencia” e “constantes cambios de criterio” amosados polo presidente da Xunta.

A responsable socialista quere que a Xunta expoña “claramente e sen lugar a dúbida” cal é a súa motivación para situar a incineradora “nun ou noutro concello”. Así o dixo logo de que o goberno galego anunciara logo de pasadas as eleccións xerais que estaría situada no concello de O Irixo, para que, logo de constatar a oposición do PP de Ourense, o presidente da Xunta deixara onte de novo aberta o destino final desta infraestrutura.

Gallego advertiu que os “bandazos” do goberno galego neste caso están sendo “realmente esperpénticos”, lembrando o sucedido no debate dunha moción no pasado Pleno do Parlamento. Advertiu que malia que esta iniciativa rexeitaba a localización da planta no Irixo, e malia que o PP amosouse de acordo con esta, na súa votación final o PP rexeitou a proposta.

Considerou “incomprensible” esta situación, especialmente cando ao día seguinte o presidente da Xunta abrira novas incógnitas ao desbotar a posición orixinal do Goberno galego. Sinala que as declaracións de Feijóo son “a guinda” para un proceso que empezou rexeitando a situación escollida por Estela Eólica en Dozón para escoller O Irixo –na comarca de O Carballiño-.

O anuncio da súa localización no concello ourensán espertou un forte rexeitamento popular que se reflectiu en manifestacións dos veciños e veciñas e mesmo suscitou acordos plenarios e posicionamentos públicos en contra por parte de dirixentes do PP. Mesmo a Deputación de Ourense aprobou, a instancias dos socialistas galegos, rexeitar esta localización cun voto do PP que a continuación negou no Pleno do Parlamento

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar