Gallego reclama á Xunta unha investigación interna para aclarar as contratacións en SOGAMA

Gallego reclama á Xunta unha investigación interna para aclarar as contratacións en SOGAMA

Gallego reclama á Xunta unha investigación interna para aclarar as contratacións en SOGAMA

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego interveu no Pleno da Cámara para reclamar explicacións sobre as medidas previstas pola Xunta diante da imputación de dous cargos da Sociedade Galega de Medio Ambiente, SOGAMA, por presunto trafico de influencias en varios procesos de contratación. Lembrou ademais que o PSdeG-PSOE personouse nesta causa xudicial. E denunciou que a Xunta debería estar defendo os intereses dos galegos e das galegas, e apartar a estas dúas persoas deste ente “e garantir á Cámara Autonómica que estas dúas persoas non teñen ningunha relación coas contratacións que esta facendo SOGAMA actualmente”.

Emprazou ao Conselleiro de Medio Ambiente e Infraestructuras a abrir unha investigación interna para aclarar este asunto “porque non o esta facendo, que é o que ten que calar; que teñen que dicir esas dúas persoas de vostede para que vostede este tan preso”, insistiu.

Gallego explicou na súa intervención que coñeceu polos medios de comunicación a imputación de dous cargos da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA), por intentar influír na adxudicación de contratos, imputación que se deriva dunha peza separada de dilixencias que propiciou unha investigación xudicial con escoitas telefónicas entre setembro e decembro de 2010.

Sinala que as persoas imputadas ocupan na actualidade as responsabilidades de Xefe da Área Técnica e Xefe de Transferencia e Transporte, e asevera que o Xefe da Area Técnica “ten un soldo superior ao do Presidente da Xunta e con chofer os 365 días do ano”.

A deputada socialista advirte que o Xefe da Área Técnica que fora despedido polo Goberno anterior, foi readmitido de xeito inmediato a entrada no Goberno de Galicia do Partido Popular. Subliña que esta readmisión produciuse despois de que dende Sogama se mudaran uns días antes do xuízo os avogados e a estratexia de defensa, renunciando a continuar coa defensa da sociedade que se fixera con anterioridade.

Incumpre a Intervención Xeral

A portavoz socialista afirma que o Xefe da Área Técnica aparece en todas as actas das Mesas de Contratación ás que tivemos acceso dende a Plataforma de Contratación da web da Xunta de Galicia, en moitas delas como presidente da Mesa, noutras como vogal e na única na que non está na Mesa se lle encarga por parte desta a avaliación técnica do proxecto obxecto da contratación, incumprindo así o procedemento mandatado pola Intervención Xeral da Xunta de Galicia.

Replica tamén que este Xefe da Área Técnica está tamén imputado xa dende o anterior Goberno, por un presunto delito contra o medio ambiente e os recursos naturais

Argumenta que nas mesas de Contratación participa como Secretario o Secretario Xeral da Sociedade que foi contratado no seu día por un procedemento publicado no DOG de data 24 de xullo de 2001, cun prazo para presentar solicitudes de 10 días naturais e cun perfil “axeitado” ao caso a saber: “experiencia mínima demostrable 4 anos avogado exercente, 4 anos na xestión de sociedades relacionadas coa xestión de residuos e enerxía, 2 anos de asistencia letrada e secretaría de consellos de administración de sociedades anónimas”.Así as cousas denuncia que “estas anomalías figuran no informe do Consello de Contas do ano 2004”. Nalgunha desas Mesas de Contratación está tamén o actual presidente de Sogama, avogado de profesión que segundo a web do seu despacho compatibiliza esta actividade pública coa privada.

Gallego explica que os instructores poñen o foco da investigación en tres procedementos de contratación algún deles como a venda de aluminio, onde se convoca novamente un concurso oito meses despois dunha adxudicación que era para 2 anos, e para o que non figuran as Actas de Constitución da Mesa de Contratación nin a Apertura de Ofertas Económicas.

A deputada advirte que todas estas cuestións, veñen sucedendo dende maio do 2009 ata a data, e supoñen un volume de contratación moi superior aos 62 millóns de euros denunciados polos medios de comunicación.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar