Gallego reclama á Xunta que manteña o nivel de alerta por contaminación de aire ata que remate o perigo de incendios

Gallego reclama á Xunta que manteña o nivel de alerta por contaminación de aire ata que remate o perigo de incendios

Gallego reclama á Xunta que manteña o nivel de alerta por contaminación de aire ata que remate o perigo de incendios

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Carmen Gallego, reclamou hoxe á Xunta que manteña o nivel de alerta por contaminación de aire ata o momento en que remate o perigo de incendios forestais. Gallego presentou unha serie de iniciativas pola decisión da Xunta de desactivar a alerta onte mércores, en plena vaga de lumes.

A responsable socialista reclamou ao goberno galego que desprace a unidade móbil autopropulsada e a portátil de control da inmisión ás zonas mais afectadas  polos incendios forestais para “facer un control mais rigoroso da calidade do aire e informar ao conxunto da poboación e aos concellos afectados do resultado destas probas e das consecuencias para a saúde, así como as medidas que deben adoptar”.

Gallego sinalou que cidades coma Ourense “aparecen dende hai mais dunha semana cubertas dunha espesa capa de fume procedente dos incendios forestais mais achegados que dificultan á cidadanía a súa actividade cotiá”. Sinala que a Xunta recoñece na súa web disfuncións na calidade do aire polos incendios forestais, ata o punto de que o 13 de outubro activouse o protocolo para contaminación atmosférica.

Así foi ata onte ás 13,00 h. cando, sinala a parlamentaria socialista, foi desactivado “polos niveis medidos na estación da zona de Laza. Gallego reclama á Xunta así que explique si empregou as estacións urbanas e unidades fixas do rural, ademais doutros medios ao seu alcance “coma as unidades móbiles adquiridas en 2009 para coñecer as zonas de mais risco a medición mais exacta da calidade do aire”.

Por este  motivo, Carmen Gallego reclama ao Goberno galego que explique qué medidas especiais adoptou diante da seca e dos incendios forestais “para controlar de xeito mais efectivo a calidade do aire”. Tamén reclama que expliquen “qué recomendacións se fixeron aos concellos mais afectados polos incendios forestais e a calidade do aire derivada deles e ao conxunto da poboación”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar