Gallego reclama á Xunta explicacións sobre as xestións realizadas para que Ence abandone a ría de Pontevedra

Gallego reclama á Xunta explicacións sobre as xestións realizadas para que Ence abandone a ría de Pontevedra

Gallego reclama á Xunta explicacións sobre as xestións realizadas para que Ence abandone a ría de Pontevedra

A secretaria de Medio Ambiente e portavoz desta área no Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Carmen Gallego, reclamou ao Goberno galego explicacións sobre as xestións realizadas para que Ence abandone a ría de Pontevedra no 2018.

Despois de coñecer que Ence pide o apoio de administración, traballadores e cidadáns para manter a súa actual ubicación en Lourizán, Gallego lembroulle á empresa que “non valen as escusas da actual coxuntura económica” xa que “coñecen dende hai anos que no 2018 caduca a súa concesión administrativa de ocupación de dominio público e debe abandonar a ría de Pontevedra”.

Neste senso, lembrou que o Parlamento de Galicia aprobou unha proposta, a iniciativa do grupo socialista, para que o Goberno galego e a empresa impulsen unha solución concertada que leve a Ence fóra da ría antes do 2018.

Nesta proposta recollíase a necesidade de que a Xunta demande da empresa un Plan Industrial, destinado a diminuír os efectos económicos e laborais do traslado; as negociacións coa empresa para buscar unha nova ubicación respectuosa co medio ambiente en Galicia, fóra da ría de Pontevedra; e incentivar novos proxectos empresariais que permitan pechar o ciclo produtivo do papel en Galicia.

Gallego apuntou ademais que o grupo socialista instou ao Goberno galego no seu día a impedir a toma en consideración final do proxecto presentado por Ence para a autorización dunha planta de biomasa en Lourizán, por querer ubicala en terreos de dominio público cuxa concesión remata en 2018.

Naquel momento, Gallego pedía ao Goberno galego que realizase as xestións oportunas para este fin, e por elo, agora a deputada socialista demanda á Xunta información sobre os trámites realizados e unha confirmación de que estes seguirán adiante.

“Unha empresa seria, consciente de que ten unha data límite para estar na ría de Pontevedra, debería ter buscado unha alternativa, en colaboración co Goberno galego, e non saír agora coa escusa de que o traslado non é viable”, concluíu a socialista.

Gallego avanzou que pedirá información sobre estas xestións na Comisión 6ª que se desenvolverá o xoves no Parlamento.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar