Gallego reclama a comparecencia de Hernández para que explique a participación dun imputado de Sogama en tódalas contratacións

Gallego reclama a comparecencia de Hernández para que explique a participación dun imputado de Sogama en tódalas contratacións

Gallego reclama a comparecencia de Hernández para que explique a participación dun imputado de Sogama en tódalas contratacións

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Carmen Gallego, reclamou a comparecencia do conselleiro de Medio Ambiente no Parlamento para explicar que Ramón Pérez Mariño, imputado por influír na adxudicación de contratos de Sogama, teña participado en tódalas mesas de contratación da entidade dende xullo de 2009 ata marzo de 2011.

A responsable socialista lembrou que Pérez Mariño foi despedido polo goberno socialista por falsificar datos de analíticas e readmitido a continuación polo Goberno de Feijóo “para controlar as contratacións ao antollo da Xunta”. Gallego esixiu a Feijóo que asuma responsabilidades políticas e dixo que a reacción inmediata do conselleiro “debera ser destituílos fulminantemente e non encubrilos”.

Dixo que o conselleiro de Medio Ambiente “debe explicar as contratacións de Sogama dende que Feijóo é presidente da Xunta” e “responder politicamente” diante destas imputacións por influír na adxudicación de contratos en base ás escoitas xudiciais rexistradas entre setembro e decembro de 2010.

Gallego sinalou que a Xunta acumula en só dous anos “demasiados imputados como para agochar a súa responsabilidade e verter difamacións”, en alusión aos sete imputados que suma Feijóo por actuacións irregulares e actuacións do seu goberno, dous polo acoso a Unións Agrarias, dous polo proceso do Igape, dous de Sogama e un mais de Medio Ambiente.

Actas

Carmen Gallego presentou hoxe as actas das mesas de contratación de Sogama celebradas entre xullo de 2009 e marzo de 2011 nas que evidénciase que Pérez Mariño foi presidente ou vogal en todas elas salvo unha na que foi responsable da avaliación técnica. Sinalou así que as declaracións do conselleiro apuntando unha “participación esporádica ou casual” son “rotundamente falsas”.

A parlamentaria socialista sinala ademais que o secretario e asesor xurídico de Sogama é o fillo do ex – conselleiro Hernández Cochón, que “foi contratado de xeito irregular e participa agora en tódalas mesas de contratción”.

Gallego explicou que Pérez Mariño fora readmitido en Sogama grazas a que a Xunta de Feijóo cambiou aos avogados en representación da entidade e renunciou a defendela no proceso aberto por telo despedido logo de agochar datos analíticos, provocando así a súa readmisión.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar