Gallego: "Prescindir dos meteorólogos na CRTVG merma a calidade do servizo e non supón aforro"

Gallego: "Prescindir dos meteorólogos na CRTVG merma a calidade do servizo e non supón aforro"

Gallego: "Prescindir dos meteorólogos na CRTVG merma a calidade do servizo e non supón aforro"

A parlamentaria socialista, Carmen Gallego, ven de preguntar na Comisión de Control da CRTVG os motivos polos que decidiron prescindir dos tres metereólogos que se encargaban deste servizo en virtude dun convenio con Meteogalicia.

A deputada socialista critica a “mala interpretación da austeridade” feita polo Goberno Feijóo con este recorte, xa que coa supresión do contrato a estes profesionais se merma a calidade dun servizo moi apreciado pola cidadanía e con repercusión directa en importantes sectores da economía galega.

Así, Gallego Calvar recordou que, en virtude do convenio CRTVG – Meteogalicia, os meteorólogos contratados non só presentaban en antena os espazos de información do tempo, senón que existía un servizo chamado de Predición Operativa, encargado da interpretación da información e a elaboración de mapas, facían prediccións específicas para o mar, as estradas, as cidades, se colaboraba coas consellerías de Sanidade e Educación nos casos de vaga de calor ou de fenómenos meteorolóxicos adversos que aconsellan o peche dos colexios e contribuía ao seguimento dos riscos de lume no verán.

En definitiva, os metereólogos “trasladaban un bo servizo de información do tempo que non é unha cuestión menor en Galicia”, advirte a parlamentaria socialista. Recorda que unha parte importante da actividade económica da comunidade está ligada ao sector primario. “Pensemos na pesca, acuicultura, ou na actividade agrícola e gandería e na incidencia dunha boa información ofrecida por profesionais en sectores como o turístico”, dixo.

Para Carmen Gallego a decisión da CRTVG de prescindir dos profesionais de Meteogalicia “non pode argumentarse desde criterios de austeridade”, porque, se ben os profesionais da información que substituíron aos meteorólogos son de plantilla, a contratación destes técnicos corría a cargo da consellería de Medio Ambiente, “polo tanto a súa substitución non supón aforro ningún para a compañía”, insistiu.

Tampouco se sostén a apelación a que non se perde calidade no servizo, porque, se ben no se discute, senón que se valora a capacidade da plantilla da CRTVG para a transmisión da información, “non teñen unha formación axeitada para a predición e elaboración de pronósticos e se perden os servizos complementarios que se prestaban desde Predición Operativa e que eran de grande utilidade non só para a audiencia senón para sectores económicos estratéxicos”.

Tampouco admitiu Carmen Gallego a referencia do Director Xeral da CRTVG a que este procedemento se ten levado a cabo en outras cadeas, citando a unha cadea privada. Recriminou ao responsable da radio e televisión pública de Galicia que non se mantiveran en mans dos profesionais da metereoloxía as informacións do tempo, como fan o resto de televisións públicas a través de convenios coa Administración. Matizou ao responsable da cadea pública que no caso da televisión privada aludida, o que existe é un coordinador da información, que ofrecen a través de técnicos expertos en meteoroloxía.

Laiouse tamén de que non se valore o traballo desenvolto polos profesionais cos que contaban, que queda contrastado coa contratación pola TVE dun destes metereólogos para o informativo de maior audiencia.

“A proclamada austeridade Goberno Feijóo que non dubidaba en encher os medios de comunicación privados con páxinas de publicidade pagadas para tapar a ineficacia das súas políticas pon en risco e minora a calidade de servizos moi apreciados polo conxunto da cidadanía e tamén moi útiles para sectores coma o turístico, o medio rural, o mar, etc.”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar