Gallego: “O Plan Director da Rede Natura de Feijoo está fora da realidade”,

Gallego: “O Plan Director da Rede Natura de Feijoo está fora da realidade”,

Gallego: “O Plan Director da Rede Natura de Feijoo está fora da realidade”,

A deputada e portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego denunciou hoxe, en rolda de prensa, que a Xunta recortou en 130 millóns de euros o saneamento das rías galegas, e asegurou que a nosa Comunidade “será sancionada pola UE, xa que incumprimos a Directiva Marco da auga”.

Gallego respondeu así ás declaracións realizadas polo conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, nas que asegurou que estas obras non sufrirán ningún recorte. “É absolutamente falso”, afirmou a deputada socialista. E neste punto aludiu a infraestruturas importantes como as depuradoras de Ribeira (A Coruña) para sanear a Ría de Arousa,  e que empeorou a súa clasificación en zonas de produción de moluscos. Tamén se referiu a estación de e Sanxenxo (Pontevedra) da que advertiu “as obras non están nin empezadas”. E denunciou que non se rexenerou a Ría do Burgo que “so precisaba da Xunta un proxecto para ao tratamento de lodos”.

A portavoz socialista afirma que a xestión de Feijoo conleva “un empeoramento da clasificación das zonas de produción de moluscos bivalvos”. E insistiu nas suas criticas “ademais de paralizar recortou o orzamento”, por iso augurou sancións comunitarias.

A deputada presentou ante os medios de comunicación as alegacións do PSdeG-PSOE ao Plan Director da Rede Natura 2000 do Goberno de Feijoo. Explicou que o documento do PSdeG-PSOE nace froito do dialogo e das xuntanzas con movementos conservacionaistas.   

Mais polo miúdo explicou que o Plan Director da Xunta fai unha avaliación do sector “que esta fora da realidade”, advirte que “non ten contidos concretos e conta cun orzamento ridículo”, xa que fixa 67,75 euros de custo por hectárea ao ano. Por iso insistiu dixo “con esta cifra non se pode conseguir ningún dos obxectivos e ademais está fóra de prazos para cumprir a normativa comunitaria”. Subliña tamén “que exclúe unidades ambientais o que evidencia que a valoración é moi superior á realidade”.

Gallego replica que o documento “non ten contidos concretos, e está redactado cunha ambigüidade calculada na súa linguaxe, para que despois as decisións sexan tomadas polos políticos e non por criterios técnicos”, espetou.

Asevera que “a zonificación da Rede é moi mala”, xa que non coincide coa dos parques naturais, subliñou  “que é inexacta, xa que é unha cousa son os mapas e outra o texto”.

Usos autorizables

Puxo como exemplo que no Capitulo dos usos autorizables “a normativa dá carta branca a tódolos usos que un organismo considere necesarios, e non concreta cales deberían de ser, e tampouco concreta os usos prohibidos, xa que fai unha exposición vaga e imprecisa”. Denuncia tamén que o Plan Director da Rede Natura 2000 non se contemplan como usos prohibidos as explotacións mineiras e instalación de piscifactorías.

Por ultimo anunciou que o Grupo Parlamentario Socialista presentou diversas iniciativas na Cámara Autonómica, na que reclaman tamén a comparecencia do Conselleiro de Medio Rural para dar explicacións sobre este tema.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar