Gallego: "O Goberno foi incapaz de poñer unha data para desdobrar o corredor do Morrazo"

Gallego: "O Goberno foi incapaz de poñer unha data para desdobrar o corredor do Morrazo"

Gallego: "O Goberno foi incapaz de poñer unha data para desdobrar o corredor do Morrazo"

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego interveu no Pleno da Cámara, mediante unha interpelación, para reclamar explicacións sobre a declaración de deserto do concurso do desdobramento do corredor.

Gallego saudou en primeiro lugar aos veciños do Morrazo e os representantes do Concello de Vilaboa que estaban presentes no hemiciclo, para seguir o debate. “Hoxe tenos aquí, cara a cara para dicirlles a verdade sobre este tema” espetoulle a deputada ao Conselleiro.

A parlamentaria socialista acusou ao Conselleiro de Infraestruturas de ser o responsable “de que non se realice esta infraestrutura no Morrazo”, ademais lembra que tamén tiña responsabilidades na Consellería “cando se deseñou a mal chamada via rápida, en contra do criterio dos veciños da Comarca, e do PSdeG que defendeu sempre e dende o inicio a creación dunha autovía”.

Advirte que a Xunta fixo caso omiso a tódalas queixas “e agora vese reflectido que esta infraestrutura é deficiente e por riba conta cunha alta sinistralidade”.

Explica ademais que o proxecto de trazado de desdobramento e de impacto ambiental quedou licitado dende no ano 2008, xunto co proxecto de trazado e de impacto ambiental das variantes de Cangas e Moaña, que quedou licitado en febreiro de 2008. Pero denuncia “que dende a chegada de Feijoo retrasouse a paralizouse este vía, co fin de dilatar este proceso e declarar deserto este concurso”.

Replica que o PP nunca tivo en conta as alegacións dos concellos e os veciños do Morrazo que reclamaban un novo estudio de impacto ambiental, “xa que o trazado inclúe novas obras, novos túneles, viadutos e desmontes o que conleva novos impactos ambientais”.

Gallego afirma que o que precisa o Morrazo “é un verdadeiro proxecto de conectividade e mobilidade entre tódolos concellos e a zona sur e Vigo”, pero lamenta que a Xunta de Feijoo esqueceu “a variante de Bueu, e tampouco aparecen as variantes de Cangas e Moaña, e ademais non teñen en conta a rotonda de Vilaboa coa AP-9 que soporta atascos quilométricos tódolos días”.

Concurso deserto

Asevera que en marzo de 2011 Feijoo seguiu facendo promesas electorais aos veciños da Comarca “e seguiu enganando aos veciños do Morrazo dicíndolles que se ia desdobrar o corredor, dado que viñan os procesos electorais de maio e novembro”, pero critica que en decembro de 2011 este concurso foi declarado deserto.

Conservación de estradas

A deputada demandou ademais explicacións sobre o financiamento publico-privado do mantemento e conservación das estradas do Morrazo , xa que denuncia que a Xunta mudou este contrato “que xustificación da o Goberno de Feijoo a este asunto?”, preguntou.

E insistiu nas súas criticas “que pasou coas promesas de Feijoo sobre esta infraestrutura?”. Gallego demandou mais compromiso da Xunta “fai falla facer este desdobramento”, pero advirte “Feijoo leva mais de 3 anos enganado aos veciños”. Por iso pediu mais compromiso coa Comarca “deixen de enganar á cidadanía”.

Dixo que os “chanchazos que ten o monte do Morrazo é a súa labor”, replicoulle ao Conselleiro, xa que era Director de estradas cando se deseñou e executou o Corredor. Dixo que Agustin Hernández “foi incapaz de poñer unha data hoxe no Parlamento, para desdobrar esa infraestrutura”. A maiores lembrou que se comprometerá a rematalo no 2013, e “agora vende na Cámara Autonómica un Plan de infraestruturas para o Morrazo sen previsións nin orzamento”.

27, 7 millóns de euros na Comarca

Ademais aludiu ao investimento realizado na Comarca na pasada lexislatura, e coas cifras na man asevera que o Goberno de Touriño previa para o ano 2009 un total de 27, 7 millóns de euros, e no ano 2012 de Núñez Feijoo o investimento é de 3.7 millóns de euros “que aínda por riba non executan, este é o seu compromiso”.

Gallego enviou unha mensaxe ao Conselleiro “baixe ao terreo e visite á Comarca do Morrazo para ver en que condicións esta funcionado o Corredor”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar