Gallego: “O escándalo de SOGAMA non pode quedar tapado por Feijóo e por Hernández”

Gallego: “O escándalo de SOGAMA non pode quedar tapado por Feijóo e por Hernández”

Gallego: “O escándalo de SOGAMA non pode quedar tapado por Feijóo e por Hernández”

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego denunciou hoxe que o Goberno de Feijoo negou ao Grupo Parlamentario Socialista toda a información solicitada por esta deputada sobre o caso de SOGAMA, no que lembra están encausados dous imputados por influír na adxudicación de contratos. A deputada explicou que o PSdeG-PSOE personouse nesta acusación, pero anunciou “que están esperando a ser admitida polo xuíz que leva o caso”. “Isto é un escándalo que non pode quedar tapado”, insistiu.

Ademais a responsable socialista cree que o Conselleiro Hernández “parece máis interesado en defender aos imputados da sociedade e sospeita que está a custear o seu defensa”.

Gallego explicou en rolda de prensa que o pasado mes de xuño rexistrou unha bacteria de iniciativas parlamentarias para reclamar explicacións e información ao Goberno de Feijoo sobre; os contratos laborais dos dous imputados nesta causa, os documentos que acrediten os seus salarios, unha copia da sentenza xudicial por despido improcedente do Xefe de Area de Sogama, a relación dos gastos de avogados e a asesoría xurídica externa, a copia das vinculacións laborais do Presidente de Sogama e a copia de tódolos contratos adxudicados por este ente publico dende o inicio da lexislatura.

Algo cheira mal

A portavoz socialista cualificou de “escándalo” que o Goberno de Feijoo trate de “enmudecer a labor parlamentaria dos deputados”. E insistiu nas súas criticas “ o Presidente Feijoo e o Conselleiro Agustin Hernández son os mais interesados en tapar isto” e engadiu “esta é unha obstrución do Goberno de Feijoo”. Dixo que dende chegou Feijoo “algo cheira mal en Sogama”.

Así as cousas a parlamentaria socialista advirte que tódalas mesas de contratación que se fixeron en Sogama dende a chegada de Feijoo á Xunta “ foron constituídas de xeito ilegal”. Dixo tamén que hai unha serie de contratos asinados pola Sociedade “e que teñen un comportamento estraño”.

O Presidente incumpre a Lei de incompatibilidades

Advertiu ademais que o Presidente de SOGAMA esta incumprindo a lei de incompatibilidades de altos cargos da Xunta, xa que aparece como socio en varias empresas, como puido constatar no Rexistro Mercantil.

A maiores Gallego lembrou tamén que as dúas persoas que están imputadas na causa teñen unha serie de prebendas e uns salarios incluso mais alto que o do propio Presidente da Xunta e con vehículo propio da empresa os 365 días do ano. A portavoz de Medio Ambiente criticou a proliferación de contratación de asesoría xurídica externa por parte da Sociedade.

Anuncia que as respostas enviadas polo Parlamento ao PSdeG-PSOE serán analizadas polo asesoría xurídica do Partido para estudalas e ver que procedementos se poden levar adiante “tras ser vulnerado os nosos dereitos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar