Gallego insta á Xunta a buscar alternativas aos despidos de Meteogalicia e propón converter este servizo nunha Axencia

Gallego insta á Xunta a buscar alternativas aos despidos de Meteogalicia e propón converter este servizo nunha Axencia

Gallego insta á Xunta a buscar alternativas aos despidos de Meteogalicia e propón converter este servizo nunha Axencia

A secretaria de Medio Ambiente do PSdeG, Carmen Gallego, advertiu de que os recortes de persoal en Meteogalicia repercutirán na calidade deste servizo, e propuxo que en lugar de despedir a traballadores, o Goberno galego busque fórmulas como a de converter este servizo en Axencia ou ben adscribilo a unha xa existente, como a de Emerxencias.

Tras manter unha xuntanza cos traballadores de Meteogalicia que foron despedidos nos pasados días, Gallego alertou de que os recortes establecidos, que afectan a cinco traballadores e implican ademais amortizar unha praza e non convocar outra que estaba prevista, pon en risco a calidade dun servizo de gran importancia para Galicia.

Así, destacou que Meteogalicia ten entre as súas funcións non só a predición meteorolóxica xeral para a nosa comunidade, senón tamén prediccións específicas para o mar, praias, cidades, para o Camiño de Santiago e o turismo en xeral, así como para fenómenos adversos como temporais ou vagas de calor, ou incidencia no risco de lumes.

Sinalou que á súa vez, Meteogalicia actúa como órgano consultivo para a comunidade educativa, -aconsellar á Consellería de Educación sobre a necesidade ou non de suspender clases ante a predicción dun fenómeno adverso-, ou ao Servizo Galego de Saúde –informando sobre riscos, por exemplo en vaga de calor-, ademais dunha labor imprescindible en materia de continxencias mariñas –accidentes ou contaminación mariña-.

Gallego lembrou ademais que estes despidos implicarán que se deixe de facer a predicción para cofrarías de pescadores ou que deixe de desenvolverse o proxecto RAIA - proxecto europeo compartido con Portugal que investiga na prevención e seguimento de contaminación mariña, accidentes marítimos, etc.-.

Apuntou que as 150 estacións de observación de meteoroloxía coas que conta actualmente e que constitúen a súa rede de datos, pasarán de estar atendidas por dúas persoas a contar con soamente unha persoa, que terá que analizar a calidade e control de datos e que “dificilmente poderá verificar a veracidade dos datos recollidos, ademais de poñer en risco a viabilidade destas estacións posto que estaba previsto un incremento de persoal nesta área que xa non se levará a cabo”.

Gallego engadiu que na área de TIC de Meteogalicia - encargada de manter os sistemas operativos- traballaban dúas persoas, e tras os despidos soamente quedará unha que terá que estar dispoñible os 365 días do ano as 24 horas para atender as emerxencias que se poidan producir.

Lamentou ademais que esta reducción do persoal afectará á predicción operativa, encargada da elaboración dos mapas meteorolóxicos, da recollida de información e atención aos medios, xa que ao despedir a unha persoa desta área “a calidade de información que chegue aos cidadáns a través de medios como a televisión pública, será deficiente”.

Salientou que os recortes repercutirán tamén na predicción numérica, é dicir, na elaboración dos modelos meteorolóxicos que serven para elaborar a previsión do tempo, xa que quedarán soamente dúas persoas para facer as quendas de mañá, tarde e fins de semana. “Si os predictores non contan cun modelo meteorolóxico, será imposible facer unha predicción axeitada”, dixo.

Risco de deterioro na calidade
A responsable socialista apuntou que Meteogalicia xa tiña unha dimensión axustada en canto a persoal, cunha moi importante carga de traballo, polo que a reducción de persoal “supón un risco evidente de deterioro na calidade do servizo”.

Por elo, considerou unha “insensatez” os recortes de persoal, e instou á Xunta a buscar outras fórmulas para aforrar custos que non impliquen unha merma do servizo que presta Meteogalicia. Así, a socialista propuxo converter este servizo nunha Axencia ou incorporalo a unha axencia xa existente, como é o caso da de Emerxencias.

Nesta liña, Gallego anunciou que os socialistas galegos pedirán explicacións no Parlamento sobre as xestións realizadas pola Xunta para buscar outras fórmulas de aforro e instarán ao Goberno galego a adoptar medidas que non impliquen a reducción da calidade deste servizo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar