Gallego esixe un Plan de Seca e critica que a única medida de Feijóo sexa "esperar a que chova"

Gallego esixe un Plan de Seca e critica que a única medida de Feijóo sexa "esperar a que chova"

Gallego esixe un Plan de Seca e critica que a única medida de Feijóo sexa "esperar a que chova"

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego interveu no Pleno da Cámara, mediante unha interpelación, para esixir explicacións sobre a situación da seca en Galicia. Preguntou que hai deste Plan?, cando o van a presentar?, que van facer namentres non teñen este Plan con esta seca?, e que medidas concretas pensa incentivar?. Dixo que “este Plan é necesario e urxente” e insistiu “póñanse a traballar na Consellería, esperando algo mais que a chova en Galicia”. Pediulle ao Conselleiro “que non veña ao Parlamento a dar o parte meteorolóxico, queremos que a diga a verdade”.

Gallego lembrou na súa intervención que o pasado ano 2011 foi segundo ano máis seco do último medio século. Sinala que esta situación de seca provoca un incremento no risco de incendios, xa que no que vai de ano arderon en Galicia xa máis de 2.500 hectáreas arrasadas polo lume, e iso si facemos caso só das estatísticas da Xunta que atenden aos lumes de máis de 20 hectáreas, “o que supoñen máis do dobre que no mesmo período de 2011”.

E denuncia que o Goberno de Feijoo diante desta situación “segue autorizando queimas na nosa Comunidade”.

Asevera tamén que a seca conleva problemas para a agricultura e gandeiría, para as colleitas e sementeiras de herba e millo, hai ademais un incremento do custo de producción de leite “avaliado en arredor de 6 céntimos de euro/litro”.

No que se refire aos caudais dos rios de Galicia “hai descensos que poñen en risco nalgúns casos os caudais ecolóxicos, e noutros están provocando perdas na produción piscicola”, como na pesca da lamprea entre outras.

Reunión en outubro do 2011

Diante deste panorama desolador a deputada critica “a inacción do Goberno de Feijoo”. Denuncia que a ultima xuntanza da Comisión de Seca foi “en outubro do pasado ano”.

A deputada critica que “non hai ningún informe en Consello da Xunta de avaliación da situación, nin recollida de datos para avaliar os danos que xa se están producindo pola seca nos sectores

primarios”. E replica que ata o 5 de marzo o Conselleiro de Medio Ambiente non alude á situación de seca que padece a nosa Comunidade Autónoma.

Lembra que “esta moi ben a política de facer chamamentos á cidadanía co fin de aforrar no consumo de auga, pero non hai que facelo en época de seca senón todo o ano, e ademais estas políticas deben ir acompañadas dun Plan de educación ambiental planificada e deseñada da que carece o PP”.

Gallego preguntou onde esta o Plan de Seca do Goberno de Feijoo? . E insistiu nas súas criticas “ese que ten que elaborar a Xunta para a bacía Galicia-Costa seguindo os criterios establecidos na Directiva Marco da Auga?”, dixo.

A parlamentaria afirma que tanto a Directiva Marco de Auga e a Lexislación sobre o Planeamento Hidrolóxico Nacional “obrigan ao Goberno da Xunta a elaborar un Plan de Seca”, e lembrou que o PP “dixo que estaba feito en setembro de 20011, pero era falso, teñen un de Protección Civil”, que data de fai moitos anos.

A maiores sinalou que ese Plan debe garantir a disponibilidade de auga para asegurar a saúde e a vida da poboación, e para evitar ou minimizar os efectos negativos da seca sobre o estado ecolóxico das masas de auga, en especial sobre o réxime de caudais ecolóxicos, evitando, en todo caso, efectos permanentes.

Reclamou ademais que ese Plan contemple minimizar os efectos negativos sobre o abastecemento urbano, e minimizar os efectos negativos sobre as actividades económicas. Nese senso demanda mecanismos para a previsión e detección da presentación de situacións de seca e umbrais para a determinación do agravamento das situacións de seca.

Transparencia, participación e desenvolvemento

A deputada reclama medidas para conseguir os obxectivos específicos en cada fase das situacións de seca, xunto con transparencia e participación pública no desenvolvemento dos plans. Dixo que os Plans deben ter como obxetivos en situacións de alerta e eventual seca son: medidas de control, avaliación de riscos, organización na toma de decisións, implantación de medidas mitigadoras, reducción dos efectos.

Sinala que debe resolver tres cuestións fundamentais no Plan de Seca “cando actuar co fin de prever e anticiparse, debe establecer a secuencia de activación das medidas de mitigación e debe atribuír as responsabilidades de acción”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar