Gallego esixe responsabilidades á Xunta por “dilapidar 1,2 millóns” nun dique flotante no porto do Xufre que non cubre as necesidades da flota

Gallego esixe responsabilidades á Xunta por “dilapidar 1,2 millóns” nun dique flotante no porto do Xufre que non cubre as necesidades da flota

Gallego esixe responsabilidades á Xunta por “dilapidar 1,2 millóns” nun dique flotante no porto do Xufre que non cubre as necesidades da flota

“É unha infraestrutura inservible, non se instalaron os pantaláns para que amarren as embarcacións”, afirma o deputado Manel Gallego

Os socialistas galegos esixiron hoxe no Parlamento responsabilidades á Xunta por “dilapidar 1,2 millóns de euros” na construción dun dique flotante no porto do Xufre, en A Illa de Arousa, que non cubre as necesidades da flota.

O deputado Manel Gallego presentou unha proposición non de lei na Comisión de Pesca, que foi apoiada por BNG e AGE pero rexeitada polo PP, para “esixir a depuración de responsabilidades ao presidente de Portos de Galicia”. “É unha infraestrutura inservible e irreversible, non se instalaron os pantaláns para poder amarrar a flota e non se pode utilizar como atraque”, afirmou o socialista.

“Todos os profesionais coinciden en criticar as obras, estamos ante un novo exemplo por parte da Xunta de despilfarro de fondos públicos, o que provoca que despois aumente a débeda de Galicia”, manifestou Gallego.

“O pasado 9 de febrero, a previsión de que o vento forte do suroeste saltara ao noroeste fixo saltar todas as alarmas entre os mariñeiros da Arousa, que ante as novas meteorolóxicas optaron por levar as embarcacións a lugares de abrigo natural na Arousa”, dixo o deputado.

“Os máis afortunados atoparon amarre noutros puntos da ría, e os menos afortunados permaneceron de vixilancia abordo das embarcacións ata ben entrada a madrugada cando o vento amainou; a indignación dos mariñeiros é maiúscula polo comportamento do responsable de Portos de Galicia, que fixo un experimento en A Illa de Arousa cun dique no porto de Xufre que non cubre as necesidades do sector”, engadiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar