Gallego esixe explicacións por prescindir dos meteorólogos na TVG

Gallego esixe explicacións por prescindir dos meteorólogos na TVG

Gallego esixe explicacións por prescindir dos meteorólogos na TVG

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego rexistrou unha pregunta no Parlamento na que reclama explicacións polos motivos que a Televisión de Galicia decide prescindir de meteorólogos profesionais para información da situación climatolóxica.

Gallego denunciou que o Goberno Feijóo “non dubida en encher medios de comunicación privados con páxinas de publicidade, pagadas para tapar a ineficiencia do goberno en políticas tales como a xestión dos residuos e outras, e lévao a tomar decisións que poñen en risco e merman a calidade de servizos moi apreciados polo conxunto da cidadanía e tamén moi útiles para sectores coma o turístico, o medio rural ou o mar”.

Así as cousas advirte que “esta mal entendida austeridade empregada na súa acción de goberno é contaxiada ao que se ve tamén aos dirixentes dos medios de comunicación públicos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar