Gallego esixe á Xunta que poña e disposición dos concellos todo o necesario para restaurar os servizos básicos danados polo temporal

Gallego esixe á Xunta que poña e disposición dos concellos todo o necesario para restaurar os servizos básicos danados polo temporal

Gallego esixe á Xunta que poña e disposición dos concellos todo o necesario para restaurar os servizos básicos danados polo temporal

A secretaria de Medio Ambiente do PSdeG, Carmen Gallego, esixiu hoxe á Xunta a “poñer a disposición dos concellos todo o necesario para restaurar os servizos básicos danados polo temporal”.

Deste xeito a socialista emprazou ao executivo de Feijoo a “habilitar unha liña de axudas para o comercio, para as pequenas empresas, así como para particulares que sufriran danos nas súas propiedades, como consecuencia das fortes choivas que padeceu a nosa comunidade estes días”.

Neste senso, Gallego lembrou que “varias localidades galegas como (Baiona, Vigo, Mos, Porriño, Cuntis, O Grove, Fisterra, Betanzos, Carballo ou Celanova, entre outras) sufriron desperfetos tanto no seu mobiliario urbano, como nos seus viais, nos seus edificios públicos e nas propiedades privadas”. Ademais recalcou que “hai danos que impiden a normal circulación de vehículos en varios viais de Galicia”.

A socialista advertiu que “por todo isto, e dado que o Goberno galego coñecía polas alertas meteorolóxicas que esta situación se podía producir, non hai escusas”. “A Xunta debe poñer a disposición dos concellos todos os mecanismos que sexan necesarios para restablecer os servizos básicos danados polo temporal”, esixiu Gallego.

A responsable de medio ambiente apuntou que “é imprescindible que esta vez o Goberno galego de a cara, que non sen esconda como fixo cos incendios, coas caixas, e como fai con todos os problemas de Galicia” . “Non imos a consentir que unha vez máis abdiquen das súas responsabilidades”, avisou Gallego.

Neste senso reiterou que “Feijoo e os seus conselleiros teñen que preocuparse polas consecuencias do temporal. Avaliar os danos, chamar aos concellos afectados, ofertar os medios propios da administración para restablecer os servizos públicos que se poidan ter deteriorado, así como garantirlle á cidadanía unha cobertura de axudas que palíen os desperfetos sufridos polo temporal”

A socialista subliñou que “queremos ver ao Goberno de Feijoo ao lado da cidadanía, responsabilizándose, en definitiva: gobernando este pais”

Gallego advertiu que “espero que esta vez non caian en saco roto as nosas peticións” e lembrou que “os afectados polos temporais dos dous anos pasados, é dicir dende que goberna Feijoo, aínda están esperando hoxe algún tipo de axuda, o polo menos algunha explicación dun presidente que ten por costume abandonar aos galegos a súa sorte”

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar