Gallego esixe á Xunta que non admita o ERE exitintivo da factoría naval de Marín

Gallego esixe á Xunta que non admita o ERE exitintivo da factoría naval de Marín

Gallego esixe á Xunta que non admita o ERE exitintivo da factoría naval de Marín

A parlamentaria socialista, Carmen Gallego, ven de esixir á conselleira de Traballo, Beatriz Mato, que rexeiten o ERE extintivo presentado polo empresario de Factoría Naval de Marín.

Durante unha pregunta no Pleno, a deputada pontevedresa esgrimíu o argumento legal, “non capricho político”, de remitirse ao cumprimento dos avais do Igape asinados coa empresa o ano pasado, e que están vinculados a que non se destrúa ningún emprego fixo durante a vida dos mesmos.

Gallego Calvar explica que esta empresa,“moi importante para a comarca da que eu proveño”, dixo, e lembrou á conselleira que o 11 de maio de 2011, cando se firmaron os avais do IGAPE á empresa, unha das condicións era manter o emprego fixo durante a duración dos mesmos, situada en 2013.

A deputada socialista advertíu á tiutlar de Traballo que, de aceptarse o ERE extintivo agora mesmo, estaríase incumprindo unha cláusula do contrato feito entre a Xunta e Factoría Naval de Marín.

Os socialistas esixen aos titulares de Traballo e Industria que rexeiten este ERE, en virtude do acordo co IGAPE e que procuren que se depuren as responsabilidades patrimoniais e xudiciais que teña o propietario de Factoría Naval, ao que Gallego acusa de manter unha actitude irresponsable tanto cos traballadores como cos proveedores, que tiveron que perdoarlle o 33%, para poder empezara cobrar algo do que se lle debía.

A deputada pontevedresa replicou á Conselleira de Traballo que “Factroría Naval ten futuro”, e, que este pasa pola reparación, e non por cumprir “os soños dun empresario irresponsable que pretende pechar un asteleiro” desatendendo incluso a demanda dos armadores de Marín que se propuxeron levar alí os seus barcos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar