Gallego esixe á Xunta que informe sobre o custo das actuacións da Lagoa da Frouxeira

Gallego esixe á Xunta que informe sobre o custo das actuacións da Lagoa da Frouxeira

Gallego esixe á Xunta que informe sobre o custo das actuacións da Lagoa da Frouxeira

A secretaria de Medio Ambiente do PSdeG e portavoz desta área no Parlamento de Galicia, Carmen Gallego, esixirá ao Goberno galego que informe no Parlamento do custo das actuacións realizadas na Lagoa da Frouxeira tras as inundacións producidas.

Gallego criticou que “a improvisación e desidia” amosada polo Goberno galego para resolver este problema levou a que finalmente tivese que ser a propia natureza a que solucionase a situación.

“Isto pon de manifesto que o Goberno galego foi todo o tempo a remolque e se viu sobrepasado polos acontecementos, evidenciando a súa incapacidade e falla de previsión e de reacción”, sinalou.

“Mentres a Xunta decidía que facer ante as reiteradas inundacións que os veciños levan sufrindo dende hai dous meses, finalmente foi a natureza a que fixo o que había que facer, desaugando a lagoa de xeito natural”, apuntou.

Así, despois de que a Xunta trasladase diversa maquinaria que finalmente non foi necesario utilizar, Gallego esixiu que “de xeito inmediato se proceda a retirar da zona toda a maquinaria, e que se restaure o dano causado”.

Así mesmo, avanzou que os socialistas galegos esixirán explicacións no Parlamento sobre o custo destas actuacións “que se realizaron con fondos públicos e que finalmente non tiveron ningún resultado práctico nin solucionaron a situación dos veciños e veciñas afectados”.

Lamentou por elo este novo exemplo dunha “mal entendida austeridade” do Goberno galego “que mentres predica a necesidade de realizar recortes, toma decisións alegremente, como neste caso, con ningún resultado e cun un custe para todos os galegos e galegas”.

Gallego tamén criticou que a Xunta “utilizase como escusa para retrasar a súa intervención a necesidade de contar con informes técnicos, mentres que despois decidiu actuar sen ter ditos informes”.

Lembrou ademais que o PSdeG solicitou xa en reiteradas ocasións ter acceso a estes informes técnicos “pero dado que non se nos entregan, deducimos que en realidade non existen”.

Por último, demandou ao Goberno galego que abandone a súa desidia e que elabore todos os informes necesarios sobre a situación da Lagoa da Frouxeira a fin de atopar unha solución á problemática das inundacións e para evitar que situacións como a que sufriron os veciños e veciñas da zona nestas semanas se volvan a producir.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar