Gallego esixe á Xunta que dialogue cos concellos para ”definir un modelo eficaz e consensuado na xestión dos servizos sociais”

Gallego esixe á Xunta que dialogue cos concellos para ”definir un modelo eficaz e consensuado na xestión dos servizos sociais”

Gallego esixe á Xunta que dialogue cos concellos para ”definir un modelo eficaz e consensuado na xestión dos servizos sociais”

“O PP quere que os municipios sexan meras sucursais da Administración central”, asegura Carmen Gallego

O Grupo Socialista demandou hoxe á Xunta de Galicia no Parlamento que dialogue cos concellos para “definir un modelo eficaz e consensuado na xestión dos servizos sociais”.

Nunha moción no pleno da Cámara que foi rexeitada polo PP, a deputada Carmen Gallego lamentou que “a nova axencia galega de servizos sociais da Xunta só terá cinco representantes dos concellos propostos pola Fegamp, frente ao que pasaba no consorcio, onde tiñan voz todos os municipios”.

“Os socialistas presentamos un recurso de inconstitucionalidade á Lei de reforma local do Goberno central, e agora a Xunta prepara un remendo de lei autonómica para enderezar o fiasco pero mantén a intención de que os concellos sexan meras sucursais da Administración do Estado”, afirma a viceportavoz socialista no Parlamento.

“A reforma local baleira aos concellos de competencias en materia de servizos sociais e a nova axencia non estará en pleno funcionamento ata despois das municipais do 2015, co único obxectivo de que non supoña un custo electoral nos municipios galegos”, sostén Gallego.

Os socialistas lamentan que “a Lei de reforma local de Rajoy é inconstitucional e a reforma exprés de Ruega e ilegal, xa que vulnera a autonomía dos concellos, e agora sacan adiante por decreto unha axencia de servizos sociais que provocará que os usuarios paguen máis e os municipios queden baleiros de competencias”.

Por último, Gallego engadiu que “o que ten que facer Feijóo é defender os dereitos dos cidadáns, dos concellos e das entidades de iniciativa social, ten quen dialogar cos alcaldes e replantexar unha axencia que non servirá para atender as necesidades dos máis necesitados”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar