Gallego esixe á Xunta que cumpra co compromiso de elaborar un Plan de Seca

Gallego esixe á Xunta que cumpra co compromiso de elaborar un Plan de Seca

Gallego esixe á Xunta que cumpra co compromiso de elaborar un Plan de Seca

 

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Carmen Gallego, esixiu hoxe á Xunta que cumpra co seu compromiso de elaborar un Plan de Seca para 2012. Así o dixo no debate dunha pregunta oral en Comisión na que o director de Augas de Galicia contradixo ao conselleiro de Medio Ambiente ao recoñecer que actualmente carece do devandito Plan obrigatorio pola Lei do Plan Hidrolóxico Nacional.

Lembrou que o único instrumento co que conta o Goberno galego é o Plan de Abastecemento “ao que cambiaron o nome -Plan Auga- para parecer que estaban facendo algo novo”. Lamentou que diante do peores niveis de auga en dez anos, o Goberno galego só fai as “obviedades” de pedir menor consumo e anunciar que si chove haberá problemas de abastecemento e “di que fai unha acción política que non está facendo”.

A responsable socialista reclamou ao Goberno galego que explique “qué está pasando en Pontevedra” que está a provocar problemas de abastecemento e “qué medidas estanse a tomar”. Advertiu tamén que as actuacións para paliar o problema de auga no Río Verdugo –Vigo- “é a opción con mais custo económico, enerxético e ineficiente” e reclamou que adopten medidas “con menor custe e que respecten os caudais ecolóxicos”.

Tamén advertiu dos problemas de abastecemento en Salnés, Vilagarcía, Pontevedra, Baiona, Abegondo, Vigo, A Coruña e Ourense, de acordo co boletín hidrolóxico. Evidenciou a necesidade dun Plan de Seca que garanta a dispoñibilidade de auga, evite ou minimice os efectos negativos da seca sobre o estado ecolóxico das masas de auga, minimice os problemas no abastecemento urbano e sobre as actividades económicas.

Este Plan, que a día de hoxe non existe, tal e como confirmou hoxe o director de Augas de Galicia, debera establecer umbrais de agravamento para situacións de seca, asegurando a transparencia e participación pública e deseñar unha secuencia de activación de medidas de mitigación.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar