Gallego esixe á Xunta firmeza ante a "chantaxe" de Ence, que debe abandonar a ría de Pontevedra antes do 2018

Gallego esixe á Xunta firmeza ante a "chantaxe" de Ence, que debe abandonar a ría de Pontevedra antes do 2018

Gallego esixe á Xunta firmeza ante a "chantaxe" de Ence, que debe abandonar a ría de Pontevedra antes do 2018

A parlamentaria do Grupo dos Socialistas de Galicia, Carmen Gallego, esixiu ao Goberno galgo que “non faga caso á chantaxe da empresa” ENCE que aproveita a situación económica e de paro, na comunidade onde máis medra o desemprego en España.

Espera que o Executivo respecte o acordo unánime da Cámara galega, de xuño do 2010 e a instancias dunha iniciativa do Grupo Socialista, e no que todos os grupos adquirían o compromiso de buscar unha solución concertada coa empresa e os axentes sociais para que a factoría ENCE se traslade fora da ría de Pontevedra antes de 2018.

Dito acordo contemplaba a localización da planta nun lugar respectuoso co medio ambiente e a elaboración dun Plan Industrial concertado coa parte laboral dedicado a paliar os efectos negativos do traslado da factoría. Tamén se requiría do executivo que, dentro da súa política industrial favorecer o impulso de novos proxectos empresariais para pechar o ciclo produtivo e aumentar o valor engadido do sector forestal.

No transcurso dunha pregunta en comisión e logo de reiterar o apoio do seu grupo ao traslado da factoría antes de 2018, a deputada pontevedresa reprochou ao comparecente por parte do Goberno, o Secretario Xeral de Avaliación Ambiental, Justo de Benito, a falta de concreción sobre as conversas mantidas coa dirección da empresa e os traballadores.

Tamén acusou ao Executivo autonómico de non posuír un Plan Industrial que permita impulsar a implantación de empresas que pechen o ciclo produtivo, creando así emprego e riqueza. Lamentou que “a transformación e o valor engadido se fai fora do pais e nós so producimos materia prima”.

Carmen Gallego instou ao goberno a manterse firme ante as novas presións da empresa xa que non lle pareceron suficientes garantías as concesións de autorizacións ambientais integradas ata 2014, pois esta restrición temporal ven marcada pola adaptación á normativa europea, que prohibe o uso de varias das sustancias que agora emprega ELNOSA na elaboración da pasta de papel en Lourizán.

Rexeita a postura do representante do Goberno e defende que se poden manter de xeito parello a negociación do traslado e o peche dos ciclos produtivos, “o que pasa e que fai falta unha política industrial que non temos”, afirma Gallego.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar