Gallego esixe á Xunta explicacións sobre as batidas de lobos e advirte que non poden facerse en época de reproducción

Gallego esixe á Xunta explicacións sobre as batidas de lobos e advirte que non poden facerse en época de reproducción

Gallego esixe á Xunta explicacións sobre as batidas de lobos e advirte que non poden facerse en época de reproducción

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego interveu na Comisión 7ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre os datos das batidas de lobos autorizadas pola Xunta na nosa Comunidade.

Gallego lembrou que na pasada lexislatura aprobouse un Plan de xestión do Lobo, que indicaba que existan 660 exemplares pertencentes á raza de lobos ibéricos. Afirmou que este Plan “foi consensuado tanto polas asociación conservacionistas, gandeiros, cazadores, sindicatos e expertos na materia”. Subliñou tamén que o Plan de xestión conqueria acadar “a compatiblizacion do patrimonio e as actividades agropecuarias”, e dicir “compatibilizar a “pervivencia desta especie e minimizar a conflictividade ou o dano que xera este animal na cabana gandeira”.

A deputada dixo ademais que o Plan de xestión pretendía “poñer en valor a cultura arredor do lobo e mellorar as condicións donde habita”.

Así as cousas parlamentaria advirte que a día de hoxe “xa existen denuncias por parte de organizacións ecoloxistas, que son coñecedoras por parte da Consellería de Medio Rural, concretamente na serra do Barbanza sobre a batida de lobos”.

Explica que as batidas están reguladas por lei e nese senso pregunta, cantas batidas se fixeron, donde e con que motivos. Tamén quere coñecer cantos animais se abateron.

A portavoz de Medio Ambiente aseverou que a asociacións que están a favor da conservación desta especie lembraron que nas épocas de reproducción, mes de xullo, non se poden facer batidas. Por iso advertiu que a Xunta “non pode dar permisos para facer batidas”.

Gallego reclamou coñecer “datos reais” por parte da Xunta da incidencia que poden provocar este animais na cabana gandeira, xa que lembrou que existen informes que sinalan que os lobos so afectan ao 0.1% do gando domestico en Galicia. Nese senso pediu estudios poboacionais mais actualizados desta especie na nosa Comunidade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar