Gallego esixe a Medio Rural "explicacións, reacción e solucións" para os veciños de Valdoviño afectados polas inundacións

Gallego esixe a Medio Rural "explicacións, reacción e solucións" para os veciños de Valdoviño afectados polas inundacións

Gallego esixe a Medio Rural "explicacións, reacción e solucións" para os veciños de Valdoviño afectados polas inundacións

A secretaria de Medio Ambiente do PSdeG, Carmen Gallego, esixiu hoxe á Xunta “explicacións, reacción e solucións” ao problema dos veciños de Valdoviño afectados pola enchenta da Lagoa da Frouxeira.

“Cremos que é imprescindible que o Goberno galego reaccione con urxencia, e que explique en que estado se atopa o estudo, cuxa elaboración foi aprobada polo Parlamento, xa que a través del poderemos saber cales son as solucións definitivas para que a Lagoa da Frouxeira manteña os seus hábitats sen que os veciños da zona teñan que estar nesta situación de incerteza”, dixo.

Gallego lembrou que “a pasada semana, no ánimo de cooperación que consideramos é imprescindible manter nestes casos, puxémonos en contacto cos responsables da Consellería de Medio Rural, o propio conselleiro e o Director Xeral de Conservación da Natureza instandoós a actuar de inmediato”.

Por elo, criticou que “agora se anuncien actuacións coa empresa Tragsa que xa se podían ter realizado a pasada semana, evitando así as molestias aos veciños e veciñas”.

A socialista tamén lamentou a falla de resposta da Consellería de Medio Rural ás demandas do concello. “Tardan demasiado en reaccionar e non ofrecen aos veciños e veciñas as suficientes explicacións, o que provoca o seu malestar e fai que decidan manter as súas protestas”, sinalou.

Gallego reiterou a vontade de cooperación dos socialistas galegos, tanto co Concello como coa Xunta e instou ao Goberno galego a amosar “maior implicación na resolución deste problema”.

Lamentou así que “a pesar da gravidade da situación, o conselleiro de Medio Rural aínda non se achegou á zona para comprobar in situ a situación na que están os veciños e veciñas polas inundacións nas súas casas, e manifestarlle a preocupación e colaboración da Xunta para adoptar as medidas necesarias”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar