Gallego esixe a implicación de Feijóo contra o lumes xa que os ultimos incendios demostran que o operativo da Xunta é inexistente

Gallego esixe a implicación de Feijóo contra o lumes xa que os ultimos incendios demostran que o operativo da Xunta é inexistente

Gallego esixe a implicación de Feijóo contra o lumes xa que os ultimos incendios demostran que o operativo da Xunta é inexistente

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Carmen Gallego, esixiu ao presidente da Xunta e ao conselleiro do Medio Rural “que se impliquen” contra os incendios. Criticou que “mentres en 2006 fixo a foto da mangueiriña hoxe escapa a ver si rabuña un puñado de votos” na Arxentina.

Denunciou que o goberno de Feijóo declárase “ausente dos problemas” para “non recoñecer o fracaso da política medioambiental e de loita contra os lumes”. Mentres, engadiu, os incendios de outubro “demostran que o operativo contra o lume de Feijóo simplemente non existe”, xa que as labores de extinción “recaeron exclusivamente no Goberno Central”.

A responsable socialista advirte que o drástico recorte de Feijóo e o conselleiro Juárez “pasa factura no monte” ao deixar a loita contra o lume “fiada ao tempo e aos medios do Estado”. Salientou así a masiva mobilización dos medios da Unidade Militarizada de Emerxencias mentres o Goberno galego “desmantela o operativo autonómico”.

Sinalou así que entre o 1 e o 15 de outubro o Goberno central actuaron nun total de 83 focos de lume con 91 mobilizacións de avións anfibios, 33,5 de helicópteros con brigadas de reforzo, outras 17 de helicópteros e 3 de avións mixtos anfibios. Dixo que mentres no verán houbo poucos incendios polo mal tempo, en outubro “hai altas temperaturas e incendios, que ten que apagar a UME e os medios do Estado”.

Dixo que a alta actividade incendiaria en Ourense e Pontevedra “non oculta a responsabilidade da Xunta diante dos lumes”, e sinalou que “si no anterior goberno a Feijóo responsabilizaba á Xunta tamén o será agora”. Esixiu a Feijóo que poña “todos os medios ao alcance do goberno galego para capturar aos responsables e non acusar sistematicamente aos corpos e forzas de seguridade do Estado”.

Sinalou que a Xunta conta con brigadas forestais e investigadores que está desmantelando e que poderían cooperar moito mellor cos corpos e forzas de seguridade do Estado.

Absolutamente irresponsable

Gallego cualificou de “absolutamente irresponsable e dunha falla de previsión insultante” que o conselleiro de Medio Rural teña comparecido cando rematou setembro para dar por rematada a campaña de alto risco coñecendo as predicións meteorolóxicas para outubro. Lembrou que mentres isto pasaba o conselleiro de Medio Ambiente auguraba un outono especialmente seco e preguntou “si os conselleiros non falan entre eles”.

Esta falla de previsión, dixo, evidénciase nos recortes que Feijóo está a recuperar a “cultura do lume” ao contratar de novo as brigadas en función dos lumes rexistrados, e lembrou que “con cada euro investido en prevención afórranse 3 en extinción”. Dixo que a Xunta recortou 22 millóns de euros en xestión forestal e prevención de lumes en 2011.

Ademais, deixaron sen investir 28 millóns na ordenación das producións forestais no orzamento de 2010, e lembrou a supresión ás axudas á multifuncionalidade, os continuos recortes no investimento nos montes de xestión pública e as axudas ás comunidades de Montes.

Sinalou tamén a supresión de 1,5 millóns de euros das axudas á prevención nos concellos. Tamén suprimiron os convenios para desbroces arredor dos núcleos de poboación. Esta situación súmase ao recorte das brigadas de investigación de incendios forestais e o desmonte das casetas de vixilancia, aumentando o tempo de reacción diante dos lumes.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar