O PSdeG esixe a Hernández que sexa máis proactivo para cumprir co acordo de sacar a Ence fóra da ría antes do 2018

O PSdeG esixe a Hernández que sexa máis proactivo para cumprir co acordo de sacar a Ence fóra da ría antes do 2018

O PSdeG esixe a Hernández que sexa máis proactivo para cumprir co acordo de sacar a Ence fóra da ría antes do 2018

A parlamentaria socialista, Carmen Gallego, ven de preguntar no Pleno, ao conselleiro do Medio Ambiente, Agustín Hernández, sobre a situación das xestións feitas polo Goberno de Galicia para o traslados de ENCE.

A deputada pontevedresa lembrou ao conselleiro que “temos un acordo unánime do Pleno a instancias dunha iniciativa socialista no que concordábamos unha solución concertada con todos os axentes implicados para que a factoría ENCE saia fora da Ría de Pontevedra antes de 2018 e se peche o ciclo produtivo do papel.

A parlamentaria pontevedresa recordoulle ao Conselleiro de Medio Ambiente que, para o cumprimento deste acordo a Xunta “tiña que facer algúns deberes”, entre eles, demandar da empresa un Plan Industrial Concertado, retomar as conversas para buscar unha nova ubicación en Galicia, respectuosa co medio ambiente e fora da Ría de Pontevedra; incentivar novos proxectos empresariais que permitan pechar o ciclo do papel no noso país; impedir calquera tipo de instalación de carácter complementario ao complexo ENCE, co obxecto de impedir a consolidación do mesmo; modificar o Plan de Ordenación do Litoral, integrando o complexo no ámbito de protección costeira e rexeitar a solicitude dunha planta de biomasa que tiña tramitado esta empresa ante a Consellería de Industria.

Salvo este último extremo foi así, pero do resto das cuestións, que dependían da vontade do Conselleiro de Medio Ambiente, “pouco sabemos”. Gallego Calvar reprochou a falta de concreción do Secretario Xeral de Avaliación Ambiental, fai uns días na comisión parlamentaria 2ª, “tan impreciso que non foi capaz de atinar no número de xuntanzas mantidas polo titular da Consellería non coa empresa, nin cos traballadores”.

Tampouco “son capaces de atinar coa ubicación proposta para o traslado do complexo”, continúa, e advirte das posibles consecuencias do anuncio do Ministro de Agricultura e Medio Ambiente, Arias Cañete, de modificar a Lei de Costas na cuestión relativa ás concesións administrativas a industrias vinculadas co litoral que rematan o 2018, entre elas a de ENCE en Lourizán.

Gallego esixiu ao Hernández “ser máis proactivo” con este asunto, porque algunhas das “cousas que tiña que facer”, como modificar no Plan de Ordenación do Litoral a cualificación do solo, “non o fixo e o tivo que facer o concello de Pontevedra a través do POL e o PXOM”.

A deputada socialista puxo de manifesto a “postura de colaboración” que mantén o seu grupo parlamentario coa Xunta para cumprir co desexo de todos os grupos da cámara de sacar ENCE fóra da ría pontevedresa.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar