Gallego di que Feijoo “utiliza de xeito partidista os fondos estatais para o desenvolvemento do medio rural de Galicia”

Gallego di que Feijoo “utiliza de xeito partidista os fondos estatais para o desenvolvemento do medio rural de Galicia”

Gallego di que Feijoo “utiliza de xeito partidista os fondos estatais para o desenvolvemento do medio rural de Galicia”

A Portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego interveu hoxe na Comisión 2º do Parlamento para reclamar explicacións ao Goberno de Feijoo sobre as medidas que esta a levar a cabo para incentivar a realización dos plans de zona nos concellos de Galicia. Alí criticou que rexistrou estas preguntas en xullo de 2009, que foron recualificadas, e que o Goberno de Feijoo tardou dous anos en comparecer na Cámara Autonómica.

Advirte que os plans zonais da nosa Comunidade “van con retraso”, e acusou ao Goberno de Feijoo que tramitar estes proxectos en plena campaña das municipais. E lembra que reclamou ao Conselleiro de Medio Rural que dese mais prazo aos concellos para presentalos. Pero denuncia que a Xunta “denegou” esta ampliación, e esta decisión tivo como consecuencia “que os concellos practicamente non presentaron proxectos”.

A parlamentaria socialista dixo que a Xunta presentou proxectos só para concellos con Alcaldes do Partido Popular, e acusou a Feijoo “de non crer nesta lei, nin no futuro do medio rural de Galicia”. Dixo que utiliza estes fondos de xeito partidista, e sen cumprir os obxectivos desta normativa e desaproveitando as potencialidades desta lei, co fin de “crear emprego e riqueza no medio rural de Galicia”.

Denuncia tamén que impediu participar ás organizacións agrarias e conservacionistas “xa que non están representadas”, e asegura que o PP utiliza estes recursos da Lei estatal “para facer no rural o que xa tiñan que facer con fondos propios”.

Gallego dixo que a Lei 45/2007 de 13 de decembro, para o Desenvolvemento Sostible do Medio Rural, do Goberno de España, puxo en marcha unha nova forma de facer política no medio rural, onde prima a transversalidade, a cooperación entre Administracións e o diálogo permanente entre estas e a cidadanía. Sinala que esta proposta conta cun modelo de desenvolvemento rural baseado nos tres piares da sostibilidade: económica, social e ambiental, que garanta a viabilidade e o futuro do mundo rural, diferenciado de modelos baseados en entender o progreso dende unha orientación exclusivamente económica

A deputada afirma que esta normativa “é o primeiro intento de facer unha política rural de Estado”, e ademais esta baseada “no dialogo e contando coas persoas”.

Programa de Desenvolvemento Rural Sostible

Explica que a aplicación práctica da Lei lévase a cabo no marco do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible, que se configura como o instrumento principal para a planificación das accións. O programa define: unha estratexia de desenvolvemento rural, as zonas priorizadas de aplicación definidas polas Comunidades Autónomas, as actuacións de desenvolvemento sostible, os instrumentos de planificación de cada zona e no marco de cooperación entre as Administracións públicas, así como un sistema de avaliación e seguimento.

Relata que a súa base organizativa son os tres órganos de cooperación e participación establecidos na Lei 45/2007, que foron regulados polo Real Decreto 865/2008, de 23 de maio, que desenvolve a composición, funcións e funcionamento da Comisión Interministerial para o Medio Rural, o Consello para o Medio Rural e a Mesa de Asociacións de Desenvolvemento Rural.

Gallego subliña que o Consello para o Medio Rural é o principal órgano de cooperación entre as tres administracións responsables da aplicación do Programa: a Administración do Estado, os concellos e as Comunidades Autónomas. Argumenta que a partir da creación desta estrutura organizativa empezouse a traballar na creación do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible que finalmente foi aprobado o pasado día 22 de abril de 2010 no Consello de Medio Rural, pero advirte que “presentou os plans de zona con moito retraso”, e xa se aprobaran os de Navarra, Asturias, Castela-Leon e Aragon.

Replica que tamén se adoptaron por unanimidade os criterios comúns para a cualificación por parte das Comunidades Autónomas das zonas rurais de aplicación do Programa.

Cooperación

A deputada dixo que a aplicación desta normativa “é un modelo de cooperación entre Administracións, xa que o medio rural merece un esforzo a maiores para que a información chegue a todos, para que os axentes territoriais leven a cabo co apoio da Xunta uns plans zonais que cumpran cos obxectivos marcados para garantir a viabilidade e o futuro do mundo rural”, resumiu.

Lembra que o protocolo conta cunha previsión orzamentaria de mais de 170 millóns de euros, coofinanciados entre a Comunidade Autónoma e o Estado. Sinala que a Galicia aproboulle o Estado o seu Plan en outubro de 2011.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar