Gallego denuncia que Feijoo suprimiu as axudas aos concellos para a recollida de lixo

Gallego denuncia que Feijoo suprimiu as axudas aos concellos para a recollida de lixo

Gallego denuncia que Feijoo suprimiu as axudas aos concellos para a recollida de lixo

A deputada e portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego denunciou hoxe que o Goberno de Feijoo suprimiu ás axudas aos concellos para a recollida de lixo. Tal e como consta no DOG de 8 de xullo de 2011, da Orde 19 de xullo da Consellería de Medio Ambiente, pola que se deixa de financiar unha das liñas de axudas ao transporte de residuos.

Así as cousas a deputada afirma que os concellos galegos “non teñen porque pagar as frivolidades de Feijoo”. Advirte que “retira unhas axudas vitais para os concellos, que xa de por si teñen que manter un servicio absolutamente deficitario para as arcas municipais”, insistiu.

Gallego explica que si a Xunta de Galicia orzamenta un diñeiro que sabe que non ten, non pode agora facer pagar esa irresponsabilidade aos concellos de Galicia, porque lembra “xa teñen suficientes problemas económicos”.

Dixo que a Xunta non pode converterse no principal problema para os concellos de Galicia, que día a día veñen atendendo cos seus minguados recursos con competencias impropias.

Asegura que Núñez Feijoo ten que deixar de ser un gobernante insolvente, e replica “só vive criticando ao goberno de Madrid”, por iso emprazouno “a empezar a preocuparse polos graves problemas de Galicia causados pola súa deixación”.

A portavoz socialista asevera que estas liñas de axudas son imprescindibles para os concellos galegos, e tamén son froito de manter un modelo de xestión dos residuos do Partido Popular en Galicia “que pasa por pasear o lixo por toda Galicia para levalo a Sogama en Cerceda” proclamou.

Modelo do PP

Cualifica o modelo de residuos do PP “coma un modelo contrario ao que marcan as directivas comunitarias, e que agora Feijoo pretende agravar agora coa aprobación do novo Plan de Residuos, poñendo coma sempre por encima dos intereses ambientais os económicos e primando a incineración e o vertedoiro”, espetou.

E envioulle unha mensaxe “si o goberno de Feijoo se preocupase por fomentar a reducción en orixe do lixo con campañas de educación e concienciación ambiental, axudando aos concellos nesta tarefa, reduciríase a factura do lixo que pagamos os cidadáns e a que teñen que pagar os concellos a Sogama e tamén o transporte” xa que menos toneladas implica menos transporte.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar