Gallego demanda medidas urxentes para paliar a seca e critica a incapacidade de Feijóo

Gallego demanda medidas urxentes para paliar a seca e critica a incapacidade de Feijóo

Gallego demanda medidas urxentes para paliar a seca e critica a incapacidade de Feijóo

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego criticou que tanto o Goberno de Mariano Rajoy como o de Feijoo “non fixeron nada por paliar os efectos da seca en Galicia”, e asegura que “so fixeron chamadas ao aforro de auga e promesas incumpridas de adianto de pago das axudas da PAC aos agricultores”. Cualificou esta medida como “unha autentica tomadura de pelo, xa que os agricultores van percibir o diñeiro que lles correspondía, polo tanto non hai nada novo”.

Gallego lembrou que no vindeiro Pleno da Cámara defendera unha moción na que esixe ao Goberno de Feijoo que “de xeito inmediato se poñan a traballar para aprobar un Plan da Seca e así avaliar os danos nos sectores produtivos, que son cuantiosos”.

Asevera que a irresponsabilidade do Goberno do PP é tan evidente que “nin tan sequera pediron, como si fixo o goberno portugués, que a Comisión Europea lles autorice incrementar o nivel de "minimis" , que son as axudas directas que poderían outorgar entre a Xunta e o Goberno do Estado.

A parlamentaria replica que Mariano Rajoy “ten unha mesa de sequia estudando a situación, como si as organizacións agrarias non tiveran xa claro e identificadas as perdas no sector”, e men

lis online'>buy cheap cialis online

tres insiste a deputada “Feijoo confía en que chova en Galicia”. Denuncia que a Xunta “non ten ningunha planificación para loitar contra os efectos da seca, non hai plan de seca e non se inviste en obra hidráulica”, algo que a medio longo prazo poida paliar estes efectos, nos rios por exemplo poidan haber retrasado o inicio da tempada de pesca e para non poñer en perigo os recursos piscicolas.

Nese senso sinala ademais que tamén poden adoptar medidas naqueles aproveitamentos eléctricos que existen nos rios “donde hai xa pouco caudal, e por enriba pon en risco o escaso caudal ecolóxico”, como un maior aporte dende as presas ao río, pero advirte “tampouco aí están actuando”.

A deputada subliña que “a seca non se pode evitar, pero si facer que as súas consecuencias sexan moito menores”. Por iso critica que a incapacidade política de Feijoo conleva a un panorama desolador no medio rural “o que ofrece Feijoo non sirve”. Afirma que as medidas para combater a sequía deben supoñer investimentos e axudas, en vez de limitarse pedirlle aos agricultores e gandeiros que non reguen ou que cobren por adiantado axudas europeas.

Os agricultores e gandeiros non poden traballar sen auga

Por ultimo explica que a seca “é un problema, que xunto co aumento dos custes de produción, está a causar danos irreparables e mentres Feijoo mira para outro lado”. E resumiu “Feijoo ao igual que non sabía porque as vacas teñen nome feminino, tampouco debe saber que os agricultores e gandeiros non poden traballar sen auga”.

zp8497586rq
zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar