Gallego critica a aposta do Goberno de Feijóo pola incineración "cunha nova Sogama na comarca do Carballiño"

Gallego critica a aposta do Goberno de Feijóo pola incineración "cunha nova Sogama na comarca do Carballiño"

Gallego critica a aposta do Goberno de Feijóo pola incineración "cunha nova Sogama na comarca do Carballiño"

A secretaria de Medio Ambiente do PSdeG, Carmen Gallego, criticou hoxe o proxecto de construcción dunha nova planta de residuos no sur de Galicia, que finalmente e segundo avanzou o conselleiro Agustín Hernández, estará instalada no comarca ourensana do Carballiño, concretamente no Concello do Irixo. Sinalou que esta planta “é a repetición do modelo fracasado de Sogama, que aposta pola incineración e o vertedoiro” e denunciou ademais a “irregularidade” que supón a súa adxudicación “a dedo” a unha empresa sen concurso previo.

Gallego lamentou que con este anuncio “se cumpre e o pronóstico dos socialistas galegos de que o Goberno de Feijóo confirmaría despois das eleccións a ubicación da planta de residuos do sur, a fin de evitar que isto lle supuxese un custo electoral”. “Isto demostra a súa intención de ocultalo deliberadamente de xeito partidista”, apuntou.

A socialista denunciou ademais a irregularidade que supón a adxudicación a dedo á empresa Estela Eólica, beneficiaria do concurso eólico, xa que a construcción da planta realizarase no marco do Plan de Residuos, “que como plan da administración pública require un concurso no que varias empresas poidan optar á adxudicación en igualdade de condicións”.

“É unha falcatruada adxudicar esta planta a dedo, saltándose os procesos administrativos e privatizando así a xestión de residuos de Galicia”, denunciou.

Apuntou que a construcción desta segunda incineradora “é a repetición do modelo fracasado de Sogama” e lembrou que “dende os 90, os gobernos do PP optaron por un modelo de xestión de residuos baseado na incineración e os vertedoiros, que non é viable”.

Así, sinalou que Sogama “está saturada, o lixo que chega dende os concellos non se trata e se bota directamente ao vertedeiro, e ademais a sociedade entrou hai dous anos en perdas, mentres os concellos están pagando facturas polo tratamento de toneladas de residuos que logo Sogama non é capaz de tratar”.

“Isto demostra que este non é o modelo”, apuntou Gallego, quen defendeu a reducción en orixe, reutilización e reciclaxe como mellor opción para o tratamento de residuos. “Todas as recomendacións van nesta liña, mentres que a incineración e o vertedoiro, que é a aposta do Goberno de Feijóo, son as dúas últimas opcións na xerarquía da normativa comunitaria en materia de residuos”.

Por elo, anunciou que os socialistas galegos presentarán diversas iniciativas no Parlamento galego e nos concellos da comarca, “a fin de trasladarlle á cidadanía a realidade do que supón esta planta de residuos, disfrazada coa oferta de postos de traballo”.

A este respecto lembrou que “hai unha semana o conselleiro non era capaz de afirmar cantos postos de traballo crearía esta planta, e agora por inspiración divina, pon unhas cifras enriba da mesa, pero non fala das consecuencias negativas que a incineración terá para o concello do Irixo e toda a comarca”.

Así, lembrou que esta incineradora “recibirá todos os residuos do sur de Galicia, que serán queimados e almacenados nos vertedoiros que estarán no concello do Irixo, co conseguinte impacto medioambiental nesta zona”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar