Gallego acusa ao PP de “destrozar o territorio” permitindo instalacións industriais en espazos prohibidos pola Directiva Hábitat

Gallego acusa ao PP de “destrozar o territorio” permitindo instalacións industriais en espazos prohibidos pola Directiva Hábitat

Gallego acusa ao PP de “destrozar o territorio” permitindo instalacións industriais en espazos prohibidos pola Directiva Hábitat

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou hoxe ao PP de “destrozar o territorio” dende o goberno galego ao permitir instalacións industriais en espazos protexidos pola Directiva Hábitat. Así o dixo logo de que o PP rexeitara unha proposta socialista en Comisión para que os habitantes de zonas Rede Natura “acaden beneficio do coidado da paisaxe”.

A responsable socialista acusounos de “poñer salvagardas” na Lei de Industria para “destrozar o conxunto do litoral de Galicia con instalacións” en zonas protexidas e criticou que “poñen ao conselleiro de Medio Ambiente a coidar das galiñas” ao ser o mesmo que ten competencias en Territorio.

Gallego apuntou hoxe que “as persoas que viven no territorio teñen que tirar beneficio do coidado da paisaxe e do medio rural” e acusou ao PP de ter “a concepción de darlle a paisaxe aos seus amigos especuladores para que a destrocen”. A responsable socialista reclamaba a implicación do goberno galego para “crear un clima favorable” á Rede Natura e sexa “concibida como unha oportunidade e non como un castigo para a cidadanía”.

Presentou hoxe as alegacións feitas á proposta de ampliación da Rede Natura da Xunta como unha Proposición non de Lei na Comisión de Medio Ambiente. Reclamou así a promoción da participación da cidadanía cun período de negociación cos concellos, sindicatos agrarios e organizacións medioambientais para “acada

r unha ampliación consensuada e facer unha proposta que serva tamén aos intereses económicos e sociais”.

Gallego esixiu garantías para que a proposta “se faga con criterios técnicos e non con outro tipo de criterios políticos” xa que advertiu que a nova proposta, malia ser realizada polo mesmo equipo que realizou a anterior, na pasada lexislatura, rebaixa o territorio protexido do 18 ao 15 por cento de xeito “inexplicable”.

Así, a proposta inclúe facilitar aos concellos unha cartografía detallada da Rede Natura 2000, así como “solventar os erros técnicos da proposta de ampliación do goberno galego”. Apuntou que no documento que presentou o goberno galego aparecen como novos concellos que xa forman parte da Rede, ademais de numerosos erros de medición que resultan “imprescindibles” para coñecer o resultado real da ampliación.

Réximes especiais

Tamén solicitou que os concellos que se atopen no albor do 40 por cento de superficie dedicada á Rede Natura esta sexa ampliada para superar a porcentaxe, permitíndolles acollerse a réximes especiais que permitan realizar determinadas actuacións. Lembrou que a proposta do goberno galego inclúe limitacións que “en moitos casos van mais alá do que sinala a normativa comunitaria”.

Lembrou que a Xunta incluíra “prohibicións absurdas” como é o de non construír instalacións superiores a 3,5 metros, cando na actividade agrícola hai silos de máis de 7 metros, polo que tivo que ser modificada grazas a unha emenda socialista.

Tamén reclamaba a actualización dos tipos de hábitats e especies que se incorporan e se eliminan da lista de especial protección, xa que a do goberno galego incluíra un listado xeral semellante ao doutras latitudes con animais que nin sequera existen en Galicia.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar