Gallego acusa ao goberno galego de “abandonar aos cidadáns” ante as últimas choivas

Gallego acusa ao goberno galego de “abandonar aos cidadáns” ante as últimas choivas

Gallego acusa ao goberno galego de “abandonar aos cidadáns” ante as últimas choivas

A secretaria de Medio Ambiente do PSdeG, Carmen Gallego, acusou á Xunta de “mirar para outro lado” ante as últimas chuvias, que causaron inundacións e danos en diversos puntos de Galicia. Unha situación ante a que “unha vez máis o Goberno galego deixa abandonados aos cidadáns e logo utiliza a estratexia de buscar culpables en lugar de asumir a súa responsabilidade”, denunciou.

Gallego lembrou que “tanto a Axencia Estatal de Meteoroloxía como Meteogalicia ofreceron exactamente a mesma información sobre as chuvias previstas para Galicia”. Por elo, considerou unha “tomadura de pelo” que Agustín Hernández responsabilice á Axencia Estatal para “tentar xustificar que a borrasca colleu ao Goberno galego de vacacións e completamente desprevenido”.

A socialista esixiu ao conselleiro de Medio Ambiente que explique “se Meteogalicia tiña distinta información por que non a facilitou” e preguntouse “se a Xunta valora tan pouco as predicións de Meteogalicia que unicamente utiliza este servizo para repetir a información que ofrece a Axencia Estatal”.

Lembroulle a Hernández que todos os informativos alertaron sobre a intensidade das chuvias previstas para Galicia. “Unicamente os que estiveron vendo a informacións dos telediarios de Salvador de Bahía poden declarar que non sabían cal sería a intensidade das chuvias”, ironizou Gallego, en alusión á ausencia de Feijóo de Galicia durante os días que se produciron as inundacións.

Radar Meteorolóxico de Cuntis
Gallego apuntou que “se o Goberno galego fose mais dilixente, tería mellorado as predicións meteorolóxicas de Galicia poñendo en funcionamento o Radar Meteorolóxico ubicado en Cuntis”.

Lembrou que este radar, mercado e instalado polo anterior goberno socialista, tiña por obxecto mellorar as predicións meteorolóxicas en Galicia, ofrecendo unha maior precisión e exactitude tanto dos adversos meteorolóxicos como das zonas nas que se producirían. “A pesar do investimento realizado e das vantaxes que sen dúbida ofrece este radar para perfeccionar as alertas meteorolóxicas, o Goberno de Feijóo mantén o radar paralizado”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar