Gallego denuncia que a Xunta provoca a “perda irremediable” dos fondos do Programa de Camiños Naturais

Gallego denuncia que a Xunta provoca a “perda irremediable” dos fondos do Programa de Camiños Naturais

Gallego denuncia que a Xunta provoca a “perda irremediable” dos fondos do Programa de Camiños Naturais

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Carmen Gallego, acusou á Xunta de estar provocando a “perda irremediable” dos fondos destinados ao Programa de Camiños Naturais, cun orzamento de 7 millóns de euros. Así o dixo no debate dunha pregunta oral que tivo lugar hoxe na Comisión de Medio Ambiente do Parlamento.

Advertiu que de non executar as actuacións correspondentes á Comunidade Autónoma, que “deixa de lado” o cumprimento deste convenio, levará a que “outras autonomías mais eficientes” pidan os investimentos previstos para Galicia.

Gallego lembrou que este convenio asinado entre a Xunta e o Ministerio de Medio Ambiente en 2007 supuña o investimento de 3 millóns polo goberno autonómico e outros 4 do Estado para recuperar 700 quilómetros nos camiños naturais de Vía Nova –Ourense-, de San Rosendo –Pontevedra-, do Cantábrico –Lugo- e da Costa da Morte –A Coruña-.

Dixo que actualmente só foron rehabilitados 120 quilómetros pola “falla de ritmo inversor” da Xunta, en contra do Goberno central, polo que preguntou “cómo pensan rematar o convenio e qué actuacións teñen pendentes de realizar” para as próximas datas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar