Gallego acusa á Xunta de manter no limbo legal a instalación de crematorios e tanatorios

Gallego acusa á Xunta de manter no limbo legal a instalación de crematorios e tanatorios

Gallego acusa á Xunta de manter no limbo legal a instalación de crematorios e tanatorios

Carmen Gallego presenta unha iniciativa para que a Xunta actualice a normativa, que é rexeitada polo PP

A deputada socialista Carmen Gallego acusou hoxe á Xunta de manter “no limbo legal” a instalación de crematorios e tanatorios, que deriva ás modificacións do Plan Xeral de Ordenación Urbana de cada concello. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei en Comisión para que o goberno galego actualice a súa normativa sobre esta cuestión, que foi rexeitada polo PP.

Gallego reclamou unha lexislación “de aplicación sinxela e clara” que explique os requisitos sanitarios e medioambientais que deben cumprir estas instalacións, xa que a lexislación actual provoca “imprecisións que levan a conflitos de imposible resolución”. Os socialistas reclamaban un novo decreto sobre policía sanitaria mortuoria que actualice o vixente, de 1998, e supoña un novo marco normativo xeral.

Tamén propuñan que o goberno galego proceda á aplicación efectiva do lexislado en materia de avaliación de incidencia ambiental, e acusou ao PP de “quitarse un problema de enriba” ao derivalo aos plans dos concellos. Advertiu que “cando esta cuestión salte nun concello no que están gobernando acordaranse desta iniciativa”.

Pontevedra

Aludiu así a que na cidade de Pontevedra chegou haber 5 solicitudes para a instalación de crematorios, 4 delas no centro urbano. Diante do baleiro legal, a concellería de Urbanismo, xestionada polo PSdeG, decidiu a suspensión do outorgamento das licencias ata que remate o proceso de modificación do PXOU, tal e como avalaba o propio goberno nunha resposta a unha pregunta parlamentaria presentada polos socialistas en 2012 e respondida en setembro de 2013.

Daquela, o goberno galego recoñecía que é necesario un novo marco normativo xeral, que traballan nun novo decreto de Sanidade Mortuoria e que existen competencias propias polo decreto 133/2008 de Avaliación de Incidencia Ambiental agora derrogado.

Dixo que a Xunta evita modificar neste senso o Regulamento de Policía Sanitaria – Mortuoria para regular urbanisticamente os crematorios e deixa clara a súa vontade de deixar de lado aos cidadáns. Evitando unha normativa clara e común para Galicia “deixa a cuestión en mans dos concellos, que teñen competencias limitadas”.

Os socialistas consideran “sorprendente” que esta decisión se produza despois de ter suavizado as tramitacións ambientais da man da Lei de Emprendemento e que o borrador da nova Lei do Solo plantee tamén reducir competencias municipais para regular o solo rústico”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar