Gallego acusa á Xunta de “liquidar” o Consorcio Galego de Servizos Sociais retirándolle as competencias aos concellos

Gallego acusa á Xunta de “liquidar” o Consorcio Galego de Servizos Sociais retirándolle as competencias aos concellos

Gallego acusa á Xunta de “liquidar” o Consorcio Galego de Servizos Sociais retirándolle as competencias aos concellos

Carmen Gallego advirte que o goberno elimina a pluralidade política e pon en perigo a atención aos usuarios de centros de día, escolas infantís ou centros de atención á muller

A portavoz de Servizos Sociais do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou hoxe á Xunta de aproveitar a substitución do Consorcio Galego de Servizos Sociais por unha axencia para “liquidar” este órgano retirándolle as competencias aos concellos. Gallego interpelou á conselleira de Benestar sobre esta modificación “ás agachadas” do goberno galego.

Dixo que a Xunta utiliza o cambio orgánico para eliminar a pluralidade política substituíndo unha asemblea con presenza dos 274 concellos integrantes do Consorcio por unha axencia na que só haberá cinco representantes designados pola Federación Galega de Municipios e Provincias. Acusou á conselleira de obrigar aos concellos a “asinar convenios coa Xunta a toda presa” antes da liquidación efectiva do órgano.

Sinalou que a consecuencia é que provoca unha “fonda preocupación” entre os rexedores que queren recuperar as súas competencias en materia de servizos sociais e os usuarios dos centros de día, escolas infantís ou centros de información á muller que non saben si seguirán tendo a mesma atención. Criticou que a Xunta “elude comprometerse a non incrementar os custes para as entidades locais”.

Carmen Gallego advertiu que a Xunta está a liquidar este órgano deixando aos concellos “sen saber quen vai prestar estas competencias nin como se van financiar”. Esixiulle ao goberno que “respecte a vontade dos concellos”, que a través da Fegamp reclamaron estas competencias e a garantía de que o cambio de organismo non supoña un maior custe para os usuarios, os concellos nin para as entidades do terceiro sector.

Reforma e recentralización

A responsable socialista criticou que mentres o goberno galego “coa boca pequena critica a reforma da administración local de Rajoy, á hora da votación consagran unha reforma -da Lei de Administración Local- que deixa aos concellos de menos de 20.000 habitantes sen unhas competencias de servizos sociais que exercían dende 1985 e aos usuarios sen a garantía de percibir estas prestacións”.

Gallego acusou a Feijóo de modificar a Lei de Servizos Sociais de 2008 ata baleirala de contido consagrando o novo reparto competencial. Acusou ao presidente da Xunta de amparar unha “volta a un estado recentralizado, que pon ás deputacións por riba duns concellos” aos que lles retiran estas competencias.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar