Gallego acusa á Xunta de eliminar as contratacións de técnicos de Rede Natura nos concellos

Gallego acusa á Xunta de eliminar as contratacións de técnicos de Rede Natura nos concellos

Gallego acusa á Xunta de eliminar as contratacións de técnicos de Rede Natura nos concellos

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Carmen Gallego, acusou hoxe á Xunta de ter eliminado as contratacións de técnicos municipais para xestión de espazos da Rede Natura 2000 dende 2009. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Medio Ambiente celebrada hoxe.

Gallego criticou a falla de interese para reeditar estes 104 convenios dende hai dous anos, coincidindo cunha “diminución brutal das axudas para os espazos protexidos”. Criticou que o goberno galego teña priorizado “o desmantelamento dos servizos públicos esenciais en lugar de blindar a sanidade, a educación e a dependencia e priorizar o investimento produtivo para xerar riqueza no futuro”.

Apuntou que a Xunta ten reducido o orzamento da dirección xeral de Conservación da Natureza “dunha forma mais que considerable”, pasando de 37 a 27 millóns de euros en dous anos.

Ademais, acusounos de deixar sen ningún orzamento os programas de erradicación de especies invasoras, as medidas compensatorias para espazos protexidos, a conservación de espazos naturais, a ordenación de uso público do medio natural, o Proxecto Natura Geres – Xurés, e o de conservación de árbores senlleiras. Mentres, as axudas de parques naturais pasaron de 630.000 euros a 42.000.

Gallego reclamou á Xunta que en lugar de reducir as axudas ao medio ambiente, o utilicen como unha “actividade para o futuro” aproveitando o potencial para xerar riqueza dos parques naturais, espazos protexidos e paisaxe de Galicia, e “diversificar unha actividade turística que non pode estar centrada no sol e praia”.

Convenio de mellora

A responsable socialista tamén presentou unha pregunta na que advertiu do risco de perder os fondos comunitarios porque a Xunta retrasa reiteradamente o convenio de colaboración asinado co Estado en 2009 para protexer e mellorar a Rede Natura 2000. Dixo que de non presentar os proxectos antes do remate de 2013, e logo dos retrasos da Xunta, poderían perderse os fondos comunitarios.

Lamentou a falla de interese por executar os 4 millóns de euros que lle corresponde, fronte á celeridade do Goberno central á hora de facer un investimento de 21 millóns para a Rede Natura. Dixo que a execución de fondos comunitarios por parte da Xunta resulta “excesivamente baixa”

 

Este convenio comprende, dixo, o Centro de Recuperación de Mamíferos Mariños de Baiona, a Aula de Interpretación da Natureza de Ribas do Sil –O Courel-, ou a sinalización dos espazos da Rede Natura 2000, así como centros e actuacións fundamentais para a recuperación de caudais ecolóxicos ou de protección de especies ameazadas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar