Gallego acusa á Xunta de anular as axudas destinadas a parques naturais

Gallego acusa á Xunta de anular as axudas destinadas a parques naturais

Gallego acusa á Xunta de anular as axudas destinadas a parques naturais

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou hoxe á Xunta de paralizar de novo as axudas destinadas a parques naturais de Galicia. Nunha pregunta formulada en Comisión parlamentaria, dixo que os adiamentos do Goberno “revelan que nos anos 2010 e 2011 non se executaron axudas para parques naturais”.

Gallego aludiu hoxe á Orde da Consellería de Medio Rural publicada no DOG do 1 de xullo que adía de novo as axudas de conservación dos recursos naturais e o fomento de accións para o desenvolvemento sustentable dos parques naturais. Explicou que dita orde redistribúe as anualidades de xeito que para 2011 tan só contempla 40.000 euros que “probablemente non se executen” xa que, lembrou, en 2010 “non executaron un só euro”.

Amosou a súa preocupación polo “risco de que no período do marco comunitario de apoio 2007-2013 non sexamos capaces de executar sequera os fondos europeos” ao poñer en risco a programación das axudas xa que Galicia non aporta a súa parte do financiamento destas axudas complementadas polo Estado e a UE.

A responsable socialista criticou que a Xunta “xustifique a paralización polo elevado número de expedientes, que en realidade son só 235”. Esta situación, dixo, “esconde unha falla de previsión orzamentaria absoluta e unha falla mais que preocupante de interese na protección de espazos naturais protexidos” que se evidencia nunha diminución de 12 millóns de euros para Protección da Natureza entre 2011 e 2012.

Advertiu que a Xunta “recorta cando a realidade é que debera ter unha especial atención neste ámbito” por canto “as nosas xoias da coroa son o parque nacional, os parques naturais e a Rede Natura 2000”. Dixo que “deberan ser utilizados nunha política intelixente do goberno para impulsar a súa diversificación e xerar posibilidades de novos xacementos de emprego e riqueza”.

Salientou que o Goberno de Feijóo “ven decrecendo ano a ano o orzamento para medio ambiente”, xa que “anulan as axudas a parques de 2010 e 2011 e adían os orzamentos para os anos 2012 e 2013”, o que “certifica a pouca atención aos espazos naturais de Feijóo sobre estas políticas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar