Gallego acusa a Medio Rural de facer unha voadura controlada dos espacios protexidos de Galicia

Gallego acusa a Medio Rural de facer unha voadura controlada dos espacios protexidos de Galicia

Gallego acusa a Medio Rural de facer unha voadura controlada dos espacios protexidos de Galicia

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego interveu hoxe no Pleno do Parlamento, trala comparecencia do Conselleiro de Medio Rural para informar sobre a ampliación da Rede Natura 2000. Alí denunciou que esta ampliación “chega tarde, e non serve senón se dota orzamentariamente”, e insistiu nas súas criticas “non serve para protexer o territorio e o único que fai é recortar espacios protexidos de Galicia”.

Na súa intervención a deputada solidarizouse en primeiro lugar, cos traballadores de Meteogalicia da TVG, xa que segundo puido coñecer o Grupo Parlamentario Socialista, a partir do 1 de xaneiro a TVG non contara con metereologos nos seus espazos.

Gallego acusou ao Goberno de Feijoo de non cumprir, con esta ampliación, a normativa comunitaria. Nese senso reclama unha “protección coherente como esixe a Comisión Europea”. E pregunta con que orzamento se vai a poñer en marcha esta ampliación. Asegura que o PP reduce a menos da metade do territorio que xa estaba proposto inicialmente na pasada lexislatura.

Tamén criticou a rebaixa orzamentaria de 12 millóns de euros por parte do Goberno de Feijoo para os espacios protexidos de Galicia. Asegura que o que fixo a Consellería de Medio Ambiente “é unha voadura controlada dos espacios protexidos da nosa Comunidade”.

A deputada dixo que o PP “reduciu en case cen mil hectáreas o proxecto de ampliación da Rede Natura do goberno bipartito (eliminación de 92.000 has) baixando dun 18,3 % a este 15,2% que presenta Feijoo, ou o que é o mesmo: reducción de case o 50% do que había proxectado na pasada lexislatura (de 195.000 hectáreas a 103.000 has).

Así as cousas advirte que esta reducción “cargase espazos de moi alto valor ambiental como os LIC, que xa estaban previstos, na Serra do Barbanza, na Serra da Loba, en Pena Corneira ou nos ríos Verdugo e Oitabén”.

LIC de novas creación

Tamén denuncia que “desaparece un LIC de nova creación nos montes do concello de Vilamartín de Valdeorras, co que estaba previsto crear un corredor ecolóxico que xunguira o parque natural da Enciña da Lastra coa Serra do Courel, eran 1.700 hectáreas a incorporar na Rede Natura para esta tan importante e útil función ecolóxica”, subliñou.

Gallego afirma que “chama moito a atención a desaparición total da ampliación prevista do LIC dos Canóns do Sil co tramo medio do río Miño, unha proposta feita para crear un extenso corredor ecolóxico en todo o sistema fluvial Miño-Sil ata conectar co LIC do Parga-Ladra-Támoga ao norte da cidade de Lugo”. Relata que neste caso “suprimiron exactamente 3.000 hectáreas de corredor fluvial para a flora e a fauna silvestres”, resumiu.

Ademais sinala que con esta ampliación “non se cumpren as esixencias da Comisión Europea respecto da representación de hábitats na Rede Natura galega, xa que se cargaron practicamente a metade da superficie prevista no proxecto de ampliación que tiña efectivamente e entre outras ese obxectivo” (un 47% exactamente, das 195.000 hectáreas nosas ás 103.000 que agora presentan en superficie terrestre).

A portavoz de Medio Ambiente denuncia que tamén eliminaron a ampliación dos LIC do rio Támega, a ampliación prevista para Pena Trevinca e a ampliación do LIC das sobreiras do Arnego.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar