Gallego acusa a Feijóo de “mercantilizar a pobreza” incrementando os custes e privatizando os servizos sociais

Gallego acusa a Feijóo de “mercantilizar a pobreza” incrementando os custes e privatizando os servizos sociais

Gallego acusa a Feijóo de “mercantilizar a pobreza” incrementando os custes e privatizando os servizos sociais

Carmen Gallego advirte que o PP “quere desgastar o Estado do Benestar ata converter os servizos en beneficencia e privatizar as partes mais rendibles”

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou hoxe ao presidente da Xunta de “mercantilizar a pobreza” ao incrementar os custes os servizos públicos ao tempo que os privatiza. Así o dixo no debate dunha interpelación no Pleno do Parlamento na que acusou ao PP de “desgastar o Estado do Benestar ata converter os servizos en beneficencia e privatizar as partes mais rendibles”.

A responsable socialista acusou ao goberno galego de utilizar a crise como “escusa perfecta” para acadar os seus “obxectivos políticos e económicos” construíndo as “grandes mentiras primeiro de culpar aos servizos públicos e, segundo, dicindo que para preservar os servizos había que reducilos”.

Dixo que mentres o presidente da Xunta “non quere citar a palabra pobreza, cada vez hai mais persoas pasándoo peor”, e puxo como exemplo a muller de Vilagarcía que leva dende o xoves en folga de fame porque a Consellería de Benestar leva dende outubro sen responder á solicitude de Renda de Integración Social –Risga-. Esixiulle á conselleira que explique “por qué tardan entre 8 e 10 meses para resolver estas solicitudes”.

Denunciou que o goberno galego non quere coñecer os datos reais sobre a pobreza en Galicia porque “si non se visibiliza non teñen que actuar para resolvela”. A realidade, dixo, é que o 23,58 por cento dos fogares forman parte da taxa de pobreza ou de risco de exclusión, un 20 por cento mais que en 2008. Mentres, censurou, o goberno galego “o único que fai é políticas que incrementan a fenda social”.

Acusounos de comezar por desmantelar a atención á dependencia “e queren seguir nas políticas de inclusión social”. Aludiu así á supresión dos equipos de inclusión nas sete grandes cidades e o consorcio das mariñas, a eliminación das axudas estatais á teleasistencia, o recorte do Plan Concertado, os copagos en medicinas e libros de texto, a rebaixa salarial, das prestacións por desemprego e a conxelación das pensións.

Anunciou que no próximo Pleno os socialistas presentarán unha moción, derivada desta mesma interpelación, para facelos votar “para que non xoguen mais coa pobreza, non mercantilicen e que tomen medidas porque cada vez hai mais persoas pasándoo peor”.

Plan Galego de Inclusión Social

Carmen Gallego criticou o fracaso do II Plan Galego de Inclusión Social, que a Xunta incumpriu executando un 20 por cento menos do previsto, co resultado de que “o número de fogares sen ingresos ascende ata 32.800 –un 101 po cento mais que en 2009-, hai 92.800 con tódolos seus membros en paro –un 110 por cento mais que en 2009-, e as familias con moitas dificultades aumentaron nun 50 por cento.

Lembrou que de acordo coa Rede Galega contra a Pobreza hai mais de 660.000 persoas en risco de pobreza ou exclusión social, tanta como toda a poboación das provincias de Lugo e Ourense. Denunciou que a resposta do goberno de Feijóo fora diminuír o gasto social –sanidade, educación e políticas sociais- en 4.016 millóns de euros dende a súa chegada ao goberno en 2009, pasando de ser o 70 ao 62 por cento do orzamento.

A Consellería de Traballo e Benestar, explicou, pasou de executar 723 a 551 millóns de euros entre 2009 e 2013, “deixando de gastar un de cada catro euros destinados a acción social dos que se executaban en 2009”, o que equivale a un descenso acumulado de 535 millóns de euros.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar