Gallego: "A Xunta só se adicou a paralizar actuacións do anterior goberno"

Gallego: "A Xunta só se adicou a paralizar actuacións do anterior goberno"

Gallego: "A Xunta só se adicou a paralizar actuacións do anterior goberno"

A secretaria de Medio Ambiente do PSdeG, Carmen Gallego, denunciou que a Xunta “só se adicou a paralizar actuacións previstas polo anterior Goberno socialista” en lugar de traballar e avanzar para evitar a sanción da UE pola falla de depuración en concellos galegos.

Gallego lembrou que o PSdeG xa adveriu en diversas ocasións ao conselleiro de Medio Ambiente da posibilidade de sanción da UE pola contaminación na ría de Vigo e sinalou que “mentres o Goberno central tiña os deberes feitos, tras aprobar un investimento de 112 millóns para a EDAR de Vigo, o Goberno galego dedicouse a poñer atrancos, a dicir que non quería aportar a cantidade que lle correspondía, e a tentar impedir que Vigo contase coa nova depuradora”.

“A actitude do conselleiro de Medio Ambiente foi a que provocou continuos retrasos que levaron ao incumprimento dos prazos marcados pola UE para cumprir a directiva que obriga a implantar sistemas axeitados de recollida e depuración de augas residuais en núcleos de máis de 15.000 habitantes”.

A responsable de Medio Ambiente do PSdeG subliñou que no caso de A Coruña a Edar xa está inaugurada, mentres que as de Ourense e Santiago “están encamiñadas no que compete ao Goberno central, e só resta definir a colaboración da Xunta”.

A este respecto, criticou que o Goberno galego paralizase o Plan de Saneamento aprobado polo anterior Executivo socialista, “que de levarse a cabo tería solucionado os problemas de depuración de augas en moitos dos concellos galegos”.

Así, lembrou que hai casos como os de Ribeira e Sanxenxo “nos que as obras para a construcción das depuradoras que estaban previstas no Plan de Saneamento do Goberno socialista, seguen paralizadas polo Goberno do PP”.

Gallego lamentou o “nulo interese por estas e outras cuestións medioambientais” por parte do Goberno galego, como evidencia “a reducción orzamentaria que sufriron as políticas medioambientais dende a chegada de Feijóo á Xunta”.

A socialista lembrou así que en 2010 o Goberno galego reduciu os investimentos destinados a infraestruturas hidráulicas en máis de 17 millóns de euros con respecto ao 2009, mentres que nos orzamentos de 2011 o investimento orzamentado para Aguas de Galicia e a EPOSH sufriu un recorte de 130 millóns de euros.

“O Goberno de Feijóo non só recortou drasticamente os investimentos para mellorar o saneamento e abastecemento en Galicia nestes dous anos, senón que ademais deixou sen executar importantes partidas orzamentarias destinadas a este tipo de infraestruturas”, reprochou.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar