Gallego: “A Xunta ocultou que a licitación do desdobramento do Corredor do Morrazo ía quedar deserta por motivos electoralistas”

Gallego: “A Xunta ocultou que a licitación do desdobramento do Corredor do Morrazo ía quedar deserta por motivos electoralistas”

Gallego: “A Xunta ocultou que a licitación do desdobramento do Corredor do Morrazo ía quedar deserta por motivos electoralistas”


A deputada socialista, Carmen Gallego, acusou hoxe ao Goberno de Núñez Feijóo de estar ocultando ata decembro que a licitación do desdobramento do Corredor do Morrazo ía quedar deserto. A única razón de retrasar o anuncio foi “evitar o custe electoral da decisión nos comicios municipais e xerais”, interpretou Gallego.

A parlamentaria socialista recordou que xa en “en tempos de Fraga o Goberno non escoitou a necesidade de facer o corredor do Morrazo con dous carrís” por sentido da marcha. Triunfou daquela a tese das chamadas vías rápidas.

Co bipartito, en 2008, continuando a estela de desdobramentos, tamen se licitaron as redaccións do proxecto de trazado e impacto ambiental do Corredor do Morrazo, con prazo de execución de 20 meses. Tamén das variantes de Cangas e Moaña.

A deputada pontevedresa reprocha ao goberno de Feijóo que “xa se atopou coas licitacións feitas e a piques de rematar o prazo comezado en 2008”. A partires de aí, con Feijóo só houbo retrasos inxustificados tanto na tramitación do desdobramento como das conexións desta comarca. Se eliminaron os informes de impacto ambiental aducindo que xa se fixeran para a vía rápida, “cando sabemos que a lexislación en materia ambiental se modificara substancialmente”.

Logo, desbotouse a posibilidade de facer ao mesmo tempo o desdobramento e as variantes. Tampouco se planificou axeitadamente a conexión do Morrazo coa AP-9 e a variante de Marín. A pesares de que se solicitou desde os concellos do Morrazo, o PP votou en contra no Parlamento.

Para Carmen Gallego “Feijóo xogou con esta infraestrutura”. A deputada socialista afirma que xa desde Marzo de 2011, momento da licitación, a Xunta sabía que se presentara unha soa empresa e que non se cumprían os pregos de contratación. Logo “foi enredando para que pasaran os procesos electorais” e por fin, pasados os riscos de custe en votos, en decembro, o Presidente da Xunta dixo aos veciños que o corredor “quedaba estancado”.

Os socialistas teñen “ben claro” que este goberno non vai facer o desdobramento, a pesares das xuntanzas do conselleiro de Medio Ambiente cos alcaldes de Moaña e Cangas “agora que son da súa mesma cor política, porque antes facía os nuncios dende a delegación de Vigo”, apuntou Gallego, quen tamén lle reprochou que haxa concellos afectados “cos que non fala, como os de Bueu ou Vilaboa”.

SINISTRALIDADE E FALTA DE COMPROMISO CO MORRAZO

A parlamentaria, Carmen Gallego, recriminou á Directora Xeral de Infraestruturas, Ethel Vázquez, que non respondera á pregunta dos Socialistas de Galicia sobre si efectivamente o Executivo vai facer o desdobramento do Corredor do Morrazo e as variantes de Cangas e Moaña. A imprecisión da responsable do Goberno autonómico afianza a crenza de Gallego Calvar de que “non o ten previsto”.

De feito criticou a falta de compromiso inversor da Xunta de Feijóo coa Comarca do Morrazo, que pasou de 25.000 euros co bipartito a 9.000 euros no actual Orzamento.

A deputada pontevedresa reprochou aos responsables do Goberno galego que non fixeran caso ás advertencias veciñais e da asociación Stop Accidentes, e recordou o elevado número mortes por accidentes no Corredor, en especial en 2010, cando se rexistraron nove falecementos. Por iso considera que “chegan tarde os anuncios de Feijóo e o conselleiro de Medio Ambiente para baixar o índice se sinistralidade”. Para Carmen Gallego a única solución, “e o saben, é o desdobramento do Corredor do Morrazo”, afirmou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar